martes, 3 de mayo de 2016

RESULTADOS FIN DE SEMANA 1/Maio/2016

Fin de semana con poucos partidos pois a maioría das Competicións xa chegaron o final. Xogamos catro partidos con tres victorias e unha derrota.
En Mini o CB Grove Turimares gañou o venres no seu desprazamento a Vilagarcía o Sigaltec 2005 por un axustado 34-44, onde os grovenses dominaron o encontro dende o inicio a pesares da pelexa do equipo contrario.
SIGALTEC 2005 34 - CB GROVE TURIMARES 44.
Xogaron: Pedrito, Adrian, Mateo, Pablo, Raúl, David, Stefy, Lucía, Sandra e Claudia.
Non dispoñemos da acta pra por os parciais de cada cuarto.
Iniciamos a Copa con moi bó pé despois de facer unha gran temporada, onde soio as 4 derrotas por 2-0 o non dispor dos 9 xogadores que estipula a Federación, privounos quedar de primeiros, pois o Dorna gañouse na súa casa e perdeuse no Grove por 0-2, polas causas antes expostas e o segundo, o Sigaltec gañouselle os dous partidos claramente. Confiamos en acabar invictos na Copa.
INFANTIL MASCULINO: (Dobre xornada).
CB GROVE TURIMARES  81 - CB DORNA 39.
Xogaron: Pedrito 4, Alberto 8, Nacho, Xoan 2, Joaquín, Lois 40, Mouco, Xavi 2, Lucas 4, Pablo 2, Raúl e Noel 17.
Marcadores: 21-21 e 21-12, descanso 42-33, 23-3 (65-36) e 16-3. Final 81-39.
Primeira parte moi mala, onde os nosos xogadores non defendían e os visitantes anotaban comodamente, soio o ataque funcionaba grazas a Lois que anotou 40 puntos. Tras o descanso e a charla do adestrador Eric, puxeronse a defender e dixaron en 6 puntos na segunda parte os voluntariosos xogadores do Dorna.
CB GROVE TURIMARES 55 - GIRALDO ROYAL CB 45.
xOGARON: Pedrito, Alberto 4, Adrián, Xoan 8, Joaquín, Lois 26, Mouco, Xavi, Lucas 4, Pablo 2, Raúl e Noel 11.
Marcadores: 11-15 e 17-13, descanso 28-28, 19-9 ( 47-37) e 8-6. Final 55-45.
Enfrentabanse o segundo contra o terceiro no último partido da Liga, os grovenses xa tiñan o Subcampionato asegurado pero estaba o orgullo de gañar. Os Vilagarcíans sairon moi fortes e os grovenses acusaban o cansanzo do partido do día anterior e estaban moi despistados en defensa chegando o descanso igualados. Comversa do adestrador e cambio radical logrando un parcial de 14-0 nos primeiros minutos o que xa decantaba o partido a favor do CB Grove. No último cuarto moitos cambios para que xogasen varios minis e fin da Liga con victoria. Noraboa Campións a polo Subcampionato da Liga, agora queda a Copa.
PREMINI:
MECO GROVEAL 44 - CB GROVE 34.
Xogaron: Matías, Daniel, Iago, Ainoa, Mar, Cris, Claudia, Candela, María D, María U, Andrea e Noa.
Marcadores: 2-2, 6-2 e 16-6, descanso 24-10, 0-6, 4-8 e 16-6.
Partido moi intesante para os familiares onde o CB Grove nesta última volta esta xogando con 12 xogadores que vai rotando dos 15 que temos en plantilla, e que fai que perda xa de inicio por 0-2 o non permitir a Federación máis de 10, tamén xogaron os que levan un mes no equipo e que facemos constar en acta para que o saiban, sempre con permiso dos pais e dos adestradores do equipo contrario e dos árbitros, pois para nós o máis importante e que xoguen sen empedimentos de ninguna clas nestas idades.
Este equipo ten moito futuro, son moi bós tecnicamente e teñen o concepto de equipo moi marcado e o millor e que son todos de 6 e 7 anos, e os seus fundamentos son espectaculares e os novos adaptanse o equipo rapidamente. Grazas rapaces por facernos disfrutar do Baloncesto.
¡¡¡FORÇA GROVE!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario