miércoles, 11 de mayo de 2016

RESULTADOS FIN DE SEMANA 7-8/Maio/2016

Rematou a Liga na Categoría Premini con victoria do CB Grove Turimares en Vilagarcía ante o Giraldo Royal por 0-51 onde os nosos xogadores foron moi superiores, e derrota do CB Grove Baby Escola ante o Caldas CLB por 16-67 onde os visitantes eran superiores físicamente e notabase a hora de pelexar polos balóns.
En Infantiles victoria no seu desprazamento a Pontevedra do CB Grove Turimares ante o CAB 2003 por un axustado 45-53 despois de chegar o descanso con unha vantaxe de 21 puntos, 8-29.
PREMINI:
GIRALDO CB ROYAL 0 - CB GROVE TURIMARES 51.
Xogaron: David, Raúl, Mauro, Xoel, Lucía, Claudia, María e Sandra. Tivemos varias baixas.
Marcadores: 0-8, 0-18 e 0-7, descanso 0-33 e 0-18.
A pesares das numerosas baixas, o CB Grove superou a un equipo moi peleón que nunca se rindeu e o marcador non reflexa a súa entrega. Os grovenses dominaron o encontro cando xogaban as catro nenas e moi superiores cando xogaban os nenos.
CB GROVE  16 - CALDAS CLB  67 .
Xogaron: Mar, Marta, Claudia, Ainoa, María, Ainoa, Luci, Andrea, Daniel e Iago,
Marcadores: 2-22, 4-8 e 4-11, descanso 10-41, 6-6 e 0-20.
Derrota da nosa Baby Escola ante un equipo moi superior fisicamente pero non tecnicamente, onde os nosos xogadores amosaron a súa melloría que se aprecia partido a partido e ese era o noso obxetivo con estes pequenos craks que para o ano nos van a dar moitas alegrías.
Con esta xornada remata a Liga de Preminibasquet con saldo moi positivo e con un futuro moi prometedor tanto no masculino como no feminino, agora preparar uns cuantos torneos amistosos e a Festa de Fin de Temporada.
INFANTIL MASCULINO:
CAB 2003  45 - CB GROVE TURIMARES  53.
Xogaron: Mouco 12, Xoan, Adrían, Xavi, Lucas 5, Lois 15, Noel 15, Alberto, Pablo 6 e Raúl.
Marcadores: 0-13 e 8-16, descanso 8-29, 18-12 e 17-12. Final 45-53.
O CB Grove inicia a Copa con victoria ante un rival que no descanso xa perdía de 21 ptos, despois de un gran xogo dos grovenses. Tras o descanso os pontevedreses saíron moi fortes e os grovenses confiados e deixaronse ir no marcador para non encontrar o ritmo en toda a segunda parte, ainda que o partido sempre o tiveron controlado e soio os cambios facían baixar a calidade do seu xogo. A falta de 5 minutos gañaban por 31-47 e sairon os que menos xogan o que fixo que se acercaran no marcador o equipo local.
Quedan 15 días para xogar a final e temos que mellorar moito na concentración e confiamos plenamente nos nosos xogadores.
¡¡¡FORÇA  GROVE!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario