viernes, 29 de abril de 2016

TORNEO FESTA DAS CRUCES - BARCELOS - PORTUGAL

Unha vez máis, fumos invitados o Torneo da Festa das Cruces en Barcelos os días 22, 23 e 24 de Abril, onde nos enfrentamos durante sete partidos os seguintes equipos:
SÁBADO:
1º partido: CD JOSE REGIO (Famalicao) - CB OGROVE: Gañado por 22 - 34. Disfrutando todos.
2º partido: SC COIMBROES (Coimbra) - CB OGROVE:  Gañado por 28-31. Moi igualados
3º partido: SC FIGUEIRENSE (Figueira da Foz) - CB OGROVE: Perdido 28-24, partido moi duro.
4º partido: 5 BSKET (Porto) - CB OGROVE: Gañado 19-24.
Despois da cea, fumos a Festa ata as 12 da noite portuguesas para vero o ambiente, subir nos coches eléctricos, casa do terror, comer churros, dar uns bailes e escoitar música e para a cama.
DOMINGO:
5º Partido: BC BARCELOS-CB OGROVE: Derrota ante os locais por 28-23, arbitro casero e leña a tope e adormecidos despois de andar de festa, xogamos as 9.30h ainda tiñan os ollos pechados e os locais querían gañar como fose.
6º Partido: SANGALHOS DC ( Pobo cerca do Porto) - CB OGROVE: Gañado 28-23 e fixemos boas relacións, estamos invitados para o seu Torneo os días 18, 19 e 20 de xuño, pero non podemos, quedou para o próximo ano. Esto é o importante de participar nos Torneos.
7º Partido: JUVEMAIA (Maia) - CB OGROVE: Último partido e victoria por 30-26 ante os nosos amigos do Juvemaia cos cales estamos xogando durante os tres últimos anos o participar no seu Torneo os días 24, 25 e 26 de xuño, este ano non podemos por ser eleccións en España e non podemos desprazarnos ainda que estan a espera por si podemos.
O máis importante non era gañar ou perder, era poder disfrutar do Baloncesto contra outros equipos e relacionarnos, facer amigos e ver a diferencia de xogo entre uns e outros, o noso máis xogo de equipo, máis técnico e o portugués máis individual, máis agresivo e menos técnico. Xa temos invitacións para Ponte da Lima, Guimaraes, Sangalhos, Guifoés, Aveiro, etc, por parte da Directiva encantados, agora soio falta que os pais se animen e poidan disfrutar, a experiencia e moi boa para todos.
Grazas os que foron, os pais que axudaron en todo momento e o noso "Dr. House" que sempre esta pra todo.
¡¡¡FORÇA  GROVE!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario