martes, 20 de octubre de 2015

EMPEZA A TEMPORADA 2015 - 2016

Escomenzamos unha nova temporada, e van 40, con seis equipos:
Senior Masculino: CB GROVE "TURIMARES"
Cadete Feminino: CB GROVE "AMALFI"
Infantil Masculino: CB GROVE "TURIMARES"
Alevín Mixto: CB GROVE "TURIMARES"
Benxamín Masculino: CB GROVE "TURIMARES"
Benxamín Feminino: CB GROVE "AMALFI".
Non podemos entrar con todolos equipos por falta de hora para adestrar e así poder competir dignamente e non queremos cometer o erro da temporaa pasada que o non dispor de horas suficientes non acadamos o que tiñamos como obxetivo en varios equipos. Así este ano xuntamos o Infantil Feminino co Cadete e o Alevín en un só equipo.
Estivemos todo este tempo sen poñer nada na páxina por compromisos de traballo e empezamos facendo un resumo da tempora anterior.
O equipo Senior, CB Grove Turimares acadou o terceiro posto na Liga e na Copa, a cal se perdeu no último xogo o non dispor de todolos xogadores, máis a temporada foi moi boa.
O equipo Cadete Masculino, CB Grove Turimares, acadou o 8º posto que non corresponde co potencial do mesmo, pero as lesións privarono de entrar entre os catro primeiros e na copa perdeu por 2 puntos o pase a final no último partido.
As cadetes do CB Grove Amalfi acadaron o 6 posto que pudo ser melhor de ter máis horas de adestramento pois competiron cos equipos que encabezaron a clasificación e na Copa quedaron de terceiras a unha victoria da final.
O equipo Infantil Masculino, CB Grove Turimares fixo unha gran temporad a pesares de ter un equipo moi mermado e con poucas horas para adestrar, acadaron o 5 posto na Liga e mala sorte por lesións impideu que xogasen a fase final. Gran temporada tamén.
A equipa Infantil Feminina, CB Grove Amalfi foi de menos a máis pois case non tiñan horas para adestrar sendo os encontros da Liga os seus adestramentos onde acadaron a 6ª posición para o final gañar a Copa Arousana sen perder nin un soio encontro, realizando un gran xogo. Foi unha vaga non ter máis horas para adestrar.
O equipo Alevín Mixto, CB Grove Turimares dominou a Liga e a Copa dende o inicio sen perder partido onde a sua superioridade foi manifesta, 17 partidos xogados e 17 gañados sen dar opcións os rivais gañando pòr diferencias escandalosas cerrando o acta na maioria dos partidos. 
Os dous equipos Benxamíns, CB Grove Turimares e Amalfi, este en liga escolar, fixeron unha boa temporada de aprendizaxe, na Competición federada notaron as baixas de varios xogadores nos partidos que podían gañar e na liga escolar o CBG Amalfi acadou a sua finalidade que é a de melhorar tecnicamente.
Nos Torneos Internacionais fixemos moi bós partidos cos equipos da Base non sendo así cos equipos Cadetes onde as baixas de última hora, falta de compromiso e de responsabilidade dos xogadores e algúns pais, fixo que nos desprazaramos con poucos xogadores e acusaran o cansanzo, pero a experiencia e moi boa, pois fixemos grandes amigos e aumentamos os nosos seguidores que chegan ata Lisboa. Repetirmos como levamos moitos anos facendo a pesares dos problemas.
Grazas os equipos: CB Maia, CB Montijo, CB Barcelos, CB Benfica, CB Aveiro, CB Braga, CB Castelo Branco, CB Ponte da Lima, CB Ovarense, etc. voltaremos a vernos.
¡¡¡ FORÇA  GROVE !!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario