jueves, 18 de junio de 2015

TORNEOS PORTUGAL

Estamos participando estos últimos días da temporada nos Torneos Internacionais que nos chegan do país veciño de Portugal. Recibimos invitacións de Ponte da Lima, Barcelos, Castelo Branco, Guimaraes, Gaia, Maia, etc. para os nosos xogador@s son moi interesante e con un pequeno custo e sacrificio dos pais estamos participando en varios.
Despois do de Barcelos do primeiro de Maio na categoría de Mini, tivemos este pasado fin de semana, 12,13 e 14 de xuño, o Infantil Femenino, CB Grove "Amalfi", e o Cadete Masculino, CB Grove "Turimares", na Vila de Maia onde os que fumos disfrutamos moito do que nos gusta, o Baloncesto, e fixemos amigos e coñecemos novos dirixentes que nos invitan a próximos Torneos. Con poucos efectivos, fixemos un bó torneo a pesares das numerosas baixas i o pior foi a lesión de Xabi nun nocello, esperemos que pronto se recupere.
Este próximo, días 19, 20 e 21, voltamos novamente a Maia, para participar co Mini, CB Grove Turimares", xa xogamos o ano pasado e foi tan interesante e deixamos tan boa impresión que nos volveron a invitar e para o CB Grove e unha satisfación ser dos poucos equipos os que inviten, pois teñen moitas solicitudes, iso dí moito do bon facer e da calidade do CB Grove. É unha pena que moitos pais e xogadores non se den conta do importante que é, pero como dín os que van: "ellos se lo pierden". Grazas a todos os foron e que van facendo un esforzo moi grande, pero a recompensa que se obtén é moi grande. Xa sabedes:
¡¡¡FORÇA GROVE!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario