jueves, 18 de junio de 2015

FIN TEMPORADA 2014-15

Estamos rematando a Temporada 2014-15 con uns resultado moi bós para os nosos equipos nas distintas categorías.
SENIOR:
O equipo Senior, CB Grove "Turimares", acadou o terceiro posto na clasificación xeral e na Copa iniciou gañando a que foi campión para rematar no 3 posto tamén.
Na Liga sofrimos altibaixos, realizamos partidos moi bos con partidos que é mellor esquencer, motivados sobre tudo polas baixas e non poder contar con todos por motivos de estudo ou de traballo, perdendo partidos por por escasa diferenza, 1 ou 2 puntos, e outros ir gañando ata falla de 2 minutos e acusar o cansanzo o non poder adestrar debidamente. O balance foi moi bó: 18 partidos xogados e 12 gañados e seis perdidos.
Na Copa, 2 partidos gañados e 2 perdidos, pero o basquet average levounos o terceriro posto.  O longo parón que existiu entre o 3º partido, levabamos os dous gañados, e o 4º encontro, case un més durante o cal por motivos de estudos non puderon adestrar, fixo que chegaramos sen forzas o último partido que de gañalo seriamos campiós. Felicitar os xogadores pola súa entrega e compromiso durante a tempada. Grazas.
CADETE MASCULINO:
Os xogadores do equipo Cadete, CB Grove "Turimares", acadaron o posto 8º nuha tempada moi irregular. É un gran equipo onde o posto inicial o que aspirabámos era colocarnos entre os tres primeiros e que podiamos conquerir de ter máis sorte coas lesións e días de adestramento e poder contar con todos nos partidos máis importantes.
Na liga xogamos 22 partidos, gañando 9 e perdendo 13, case todos na segunda volta despois do Nadal cando se entregan as notas dos estudos.
Na Copa perdemos a opción de meternos na final no último partido o cal se podía gañar de ter contado con todolos xogadores, perdemos de 2 puntos, 47-49 amosando o seu nível ante un equipo que adestra o triple.
Nada que obxetar o seu compromiso pero temos moitas cousas que mellorar e os pais tamén.
CADETE FEMENINO:
O equipo CB Grove "Amalfi" acadou o 6º posto, xogou 20 partidos gañando 9 e perdendo 11. O igual que os seus compañeiros, despois do nada e a entrega das notas o baixón foi moi grande, e tamén acusaron os poucos días de adestramentos dos que dispoñíamos pola un mal reparto dos mesmos por parte da Concellalía de deportes.
Na copa perdeu as opcións de meterse na final, o igual co masculino, no último partido o perder na casa ante o Arxil. Tamén estamos contentos coa tempada realizada, pero poido ser moito mellor, pois teñen moita calidade e así o demostraron ante equipos que adestran o triple máis ca elas.
INFANTIL MASCULINO:
O CB Grove "Turimares" finalizou no 5º posto tras realizar unha gran temporada gañando 8 partidos e perdendo os mesmos. Con un pouco máis de sorte lograríamos o 3º posto, pois perderonse partidos que tiñamos gañamos de contar con todolos xogadores e un pouco máis de adestramento.
Agradecer os xogadores o seu esforzo e entrega durante a tempada da cal estamos moi orgullos.
INFANTIL FEMENINO:
As rapazas do CB Grove "Amalfi" tiveron dúas caras, na Liga acadaron o 6º posto, gañaron 3 partidos e perderon 11, pero non reflexaba a realidade da calidade das mesmas, pois non tiñan día de adestramento e compartían coas cadetes e foron os partidos durante a liga o seu traballo que dou frutos na Copa acadando o título de "CAMPIONAS" imbatidas, 7 xogados e 7 gañados amosando a súa calidade que de ter un día de adestramento soio pra elas, outro cousa sería a Liga. Estamos moi contentos co seu traballo y esperamos moito para a próxima tempada.
MINI MASCULINO:
Gran tempada a realizada polo CB Grove "Turimares" que se proclamaron Campións da Liga de Formación sen perder partido, 12 xogados e 12 gañados, así como a Copa, tamén imbatidos acadando 5 victorias en cinco xogos. Este equipo ten moito futuro e con unha mellor preparación e días de adestramento darannos moitas alegría nas distintas categorías. Grazas rapaces por darnos estas alegrías.
MINI FEMENINO:
O CB Grove "Amalfi" participou en concentracións organizados pola federación en colaboración cos diversos clubes, son a futura canteira  e teñen moita calidade. Temos fé en vos.
PREMINI:
Os xogadores máis cativos da nosa canteira, CB Grove, realizaron unha gran tempada a pesares de gañar poucos partidos, motivado porque os mellores xogaban cos equipo de Mini pra mellorar e competir moito mellor. Xogaron 16 partidos e gañaron 2 acadando a penúltima posición, pero isto é o de menos, pois en calidade superaban a moitos equipos e soio o podería físico facía que non acadaran os resultados no marcador, pero sí no aprendizase, eles mesmos dicían: fan pasos, dobres, etc... Xa sabedes, seguir así que pra próxima tempada faremolo moito mellor. Grhandes.
RESUMO:
Pra próxima tempada 2015-16 onde cumprimos 40 anos de baloncesto, temos que mellorar nas horas de adestramento as cales co novo Pavillón non haxa que non teremos problemas. Cicais non entremos en algunas competiciós pola falta de compromiso dos xogadores e dos pais que ven o deporte coma una cousa sen importancia e fai que non obriguen os seus fillos a cumnprir coas obrigacións de petencer a un Clube e o que conleva con iso. Un Clube cando participa en algo, conleva unha chea de compromisos e obrigacións que moitos pais entenden pero non cumpren e non se dan conta do dano que nos fan, económicamente e moralmente, sobre todo a dirixentes e adestradores, que se preguntan si vale a pena seguir con isto. Eles, dirixentes e adestradores teñen que sacrificar moitas horas e vacacións para que funcionen, pero os xogadores teñen libertade para facer o que queiran, de ben seguro que non son todos e eso fai que sigamos pelexando todolos anos, pero xa con menos folgos e ilusións e viremos en parte a nosa forma de pensar.
Grazas a todos e para a próxima xa veremos. ¡¡¡ FORÇA  GROVE!!!





 




No hay comentarios:

Publicar un comentario