viernes, 24 de abril de 2015

RESULTADOS XORNADA 18-19/Abril/20155

Boa xornada dos equipos do CBOGrove. O equipo Senior, CB Grove Turimares perdeu en Pontecesures ante o Rio Ulla por un axustado 51-43 que comentaremos máis adiante. O Infantíl Femenino, CB Grove Amalfi gañou no Monte da Vila o Marin Peixe Galego por un claro 31-22 e segue sen perder partido a fronte da clasificación e o Mini, CB OGrove, segue dominando a súa fase, gañando esta vez en Pontevedra o Amigos do Baloncesto por 56-73 e tambén está de lider na clasificación sen coñecer a derrota.
SENIOR:
ESTRUGASA RIO ULLA  51: Barral, Julián 6, Abalo 12, Sánchez 6, Méndez 3, Mariño 6, Ferro 8, Acosta 5, Núñez, Vázquez 5 e Guimarey.
CB GROVE TURIMARES  43: Besteiro,Fonti 3, Pete 6, Germán 4,  Kampa 4, Alex 9, Luís 4 e Oscar 13.
Árbitros Srs. Escaríz JM e López Diego. Sinalaron 25 faltas os locais e 27 o CB Grove. Excluídos Oscar, Kampa, Alex e Pete. 
Marcadores: 16-16 e 11-7, descanso 27-27, 13-7 (40-30) e 11-13. Final: 51-43.
O criterio árbitral a hora de sinalar as faltas evitou que o CBG Turimares gañara o encontro, así como a diferenza nos tiros libres, 34 os locais e 22 os visitantes que non tiveron sorte nos lanzamentos. Tamén cando os grovenses estaban remontando, 43-41 a falta de 2.30 minutos quedaron na pista con 4 xogadores e xa foi imposible poder remontar. Esta derrota non elimina os grovenses de luchar polo primeiro posto, si gañasen xa eran subcampións e agora dependen deles mesmos, pois teñen que gañar o último partido que se xogara no Monte da Vila na xornada do 9-10 de maio ante o Sigaltec BBC que de gañar seran campións.
INFANTIL FEMENINO:
CB GROVE AMALFI  31: Uxía 6, Salma,Eva,Arantxa 14, Dafne, Ainhoa,Irene, Antía 2, María 2, Thais 1 e Olgui 6.
MARIN PG  22: García 2, Gondar ,Insúa, Sobral 2, Casal 8, Ferreiro 6, Rodríguez, García, López A, Piñeiro 4 e López.
Árbitros Srs. Dieguez T e Alvarez D.  21 faltas as locais e 15 as visitantes. 
Marcadores: 5-6 e 18-2, (descanso 23-8) 2-4 (25-12) e 6-10.  Final 31-22.
Tras un inicio dubitativo polos nervos, as xogadoras do CBG Amalfi impuxeronse nun segundo gran cuarto as marinenses acadando o descanso unha vantaxe de 15 ptos que souberon manter por estar moi castigadas de faltas persoales as xogadoras máis importantes do equipo, sendo excluídas María e Arantxa no último cuarto, pero as súas compañeiras mantiveron o tipo ata o final logrando a cuarta victoria seguida. Son favoritas a gañar a Copa a falta de 3 partidos.
MINI MASCULINO:
AMIGOS DO BALONCESTO DE PONTEVEDRA  56 : 
CB GROVE TURIMARES  73: Uxía, Nerea, Dafne, Stefy, Pedro, Xoan, Alberto, Lois, Lucas, P Caneda, Xulio e Adrian.
Nova victoria do CB Grove que leva 5 de 5 e segue o frente da Copa Primavera i esta a falta de dous partidos para proclamarse Campión. O primeiro este sábado no Monte da Vila e o último, tamén no Monte da Vila ante segundo clasificado que tampouco perdeu partido, o Sigaltec, confiamos en fazer un bó partido e así gañar ante os seus familiares, amigos e siareiros.


No hay comentarios:

Publicar un comentario