martes, 14 de abril de 2015

RESULTADOS XORNADA 11-12/Abril/2015

Fín de semana espectacular dos equipos do Clube Baloncesto OGrove nas competiciós de Copa. Gañamos os catro equipos que participan, Senior, Cadete Masculino e Feminino, o Infantile Feminino e o Mini non xogou pero segue imbatido, o igual que os outros.
O equipo Senior, CB Grove Turimares gañou no dobre xornada, primeiro o sábado en Vilanova ante o San Mauro tras un unha prórroga por 53 - 58, e o domingo no Monte da Vila o Santa Baia de Boiro por 45-35 colocandose primeiro da Copa imbatido.
O equipo Cadete Masculino, CB Grove Turimares con varias baixas, gañou o Sigaltec P en Vilagarcía por un axustado 41-46.
O  Cadete Feminino, CB Grove Amalfi, gañou no Monte da Vila nun partido xogado espectacularmente polos dous equipos, o Cortegada CLB "D", favorito pra gañar a Copa, por 43-42 trás unha prórroga, por este motivo, pra xogar contra os mellores, non retiramos o equipo da Competición e demos un paso para os play of da final
O Infantil Feminino, CB Grove Amalfi,  tamén gañou no seu desprazamento a Pontevedra o CB Arxil, unha das mellores canteiras do baloncesto Feminino, por un claro 24-38 amosando a sua candidatura a disputar a final.
Os benxamíns do Clube, CB Grove, remataron a tempada con derrota, 6-57, ante un equipo moi superior fisicamente. o Sigaltec 05M, xogadores todos de último ano e masculino totalmente, o que fixo que gañaran o partido cómodamente ante os nosos, case todos de primeiro ano e que se inician no mundo do basquet.
SENIOR(1º paretido):
CB SAN MAURO RUBENSPORT  53: Chazo D, Conde 4, Reigosa 2, Alcaine 2, Chazo JG, Nogueira, Baúlo 3, Barreiro 16, Portas 13, García e Millán.
CB GROVE TURIMARES  58: Besteiro, Eloy, Fonti 8, Pete 7, Jacobo, Germán 4, Manuel 23, Alex 16, Rubens, Yuri, Luís e Oscar.
Árbitros Srs. Gil R e López D.
Marcadores: 14-11 e 14-15, (descanso 28-26) 04-13 e 19-12. (51-51) Prórroga: 2-7. Final 53-58.
Gran partido o presenciado no Pavillón de Vilanova onde os grovenses fixeron o millor partido da tempada pero que estiveron a piques de perder no último minuto, 42-51, o faltar as forzas o que provocou moitas perdas de balón para anotar un triple no último segundo, case dende o medio campo, o San Mauro que empataba o partido a 51. Na prórroga os grovenses volveron a coller o ritmo do partido e a xogar como saben, impoñendose por 2-7 que daba a victoria por 53-58.
SENIOR (2º partido):
CB GROVE TURIMARES  45: Besteiro, Eloy, Fonti, Pete 3, Jacobo 4, Germán 2, Manuel 12, Alex 24, Rubens, Yuri, Luís e Oscar.
SANTA BAIA-BOIRO 35: Castro 8, Agra 6, Barral 6, Martis, Recua, Sieira 6, Rodríguez 2, Auman 5, Sánchez e Ramallo 2.
Árbitros Srs. Blanco F e González D.
Marcadores: 10-11 e 4-9, (descanso 14-20) 10-4 e 21-11.  Final 45-35.
Mal inicio do Cb Grove que acusaba o cansanzo do partido xogado o sábado, xogaban sen ideas pero tras o descanso sairon entonados e amosaron a sua calidade para impoñerse na segunda parte por 31-15, amosando así, a diferenza que existe entre os dous equipos, destacando Alex que anotou 18 ptos no último cuarto.
CADETE MASCULINO:
SIGALTEC "P"  41: Chen 2, Lorenzo 4, Cabezas 7, Beleiro 8, Porto 12, García 2, Andújar 2, Paz e Peliquín 4.
CB GROVE TURIMARES  46: Rodrigo, Díaz, Mouco, Pato 2, Walli 17, Diego, Alvaro 8, Chusi, Alberto, Brais 8, Xabi 9 e Noel 2.
Áarbitros Srs. Ditre e López.
Marcadores: 14-17 e 14-10, (descanso 28-27) 8-10 e 5-9.  Final 41-46.
Victoria moi sufrida o ter o CB Grove moitas baixas e xogar Alvaro con febre e Xabi con un pequeno esguince dende o 2º cuarto, e as baixas de Diego, Díaz e Mouco, pero estivo Walli que colleu as rendas do partido e marcou o ritmo que nos conviña e anotaba nos momentos decisivos, 17 ptos. axudado por un inicio moi bó de Brais, 8 ptos, que agotou as forzas facendo o millor partido da tempada.
CADETE FEMININO:
CB GROVE AMALFI  43: Jenni, Silvia 3, Mara 12, Ana, Alba 4, Arantxa 3, Sara 21, Irene, Antía, Noa, Thais e Olgui.
CORTEGADA CLB "D"  42: Varela 5, Abasolo 6, Fernández, Sánchez 8, Parracho 4, Martínez 11, De Angelis, Pesado 6, Caeiro e Piñeiro 2.
Árbitros Srs. Blanco F e González D.
Marcadores: 7-10 e 8-10, (Descanso 15-20) 9-4 e 13-14. (38-38) Prórroga: 5-4.  Final: 43-42.
Gran victoria do CB Grove, ante o favorito Cortegada, unha das melhores canteiras do basquet fiminino, nun gran partido de todalas xogadoras que nunca se deron por vencidas a pesares de ir por debaixo do marcador durante moitos minutos pero con vantaxes moi curtas. Estos partidos fan aficción e por iso participamos cos mellores para ser competitivos durante 8 meses e non xogar soamente 4 meses. Destacar a todo o equipo e non plan anotador a Mara, 12 ptos e Sara 21. Ghrandes "gherrilleiras".
INFANTIL FEMININO:
CB ARXIL "B" 24: Meison 5, Tosar 7, Cacabelos 4, Campos 6, Fortes, Baeza, Garrido, Villar 2, Filgueira e Paz.
CB GROVE  AMALFI  38:  Dafne, Uxía, Ainhoa, Salma, Eva, Arantxa 12, Irene 2, Antía 8, María 4, Thais 8 e Olgui 4.
Árbitros Srs. Loira P e González D.
Marcadores: 1-6 e 2-5, (descanso 3-11) 15-10 e 6-17.  Final: 24-38.
Gañar na casa do Arxil esta o alcance de poucos equipos, pois son unha das mellores canteiras do basquet feminino xunto o Cortegada, pero as nosas "gherrilleiras" pequenas, dominaron o encontro dende o inicio, o soio cando o seu adestrador Manuel lles dou descanso no terceiro cuarto as mellores xogadoras, aproximouse o Arxil no marcador, 18-21, para no último cuarto rematar o encontro con un parcial de 6-17 que aseguraba a victoria. Tres partidos xogados e tres victorias fan que sexan favoritas a gañar a Copa.
PREMINI (Benxamíns):
CB GROVE  6: David, Xoel, Raúl, Adrián, Mauro, Lucía B, Nati, Stefy, Claudia, Zaira, Sandra e Lucía F.
SIGALTEC 05m  57: Castro, Doval, Gómez, Devesa, Ferreira, Lago, Martínez, Rey e Varela.
Árbitro Sr. Eric Domínguez.
Marcadores: 4-16, 0-4 e 2-20, (descanso  6-40) 0-13 e 0-4.  Final: 6-57.
Nada que facer dos nosos xóvenes xogadores ante un equipo moi superior físicamente, todos eles xogadores de último ano de Premini e completamente masculino. Dominaron o encontro dende o inicio, máis os nosos nunca se desmotivaron e seguiron pelexando ata o último segundo dando mostras dunha calidade para a súa idade, pois son case todos de primeiro ano e da escuela. Temos o futuro garantido con estas futuras promesas do baloncesto.
¡¡¡FORÇA GROVE!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario