viernes, 24 de abril de 2015

HORARIOS XORNADA 25-26/Abril/2015

Outro fin de semana moi importante dos nosos equipos onde poden quedar xa claras as clasificacións de Copa das distintas categorías.Os Seniors do CBG Turimares descansan e teñen o último partido xogandose o título o día 9 de Maio no Monte da Vila. O Cadete Mascultino do CB Grove Turimares tamén se xoga o primeiro posto de grupo ante o Estudiantes de Pontevedra, o Cadete Feminino xoga ante o Xuven o primeiro posto de grupo, o Infantíl feminino aspira a dar un paso moi importante de gañar, pois seguiría invicta e faltarian dous partidos para proclamarse campionas e o Mini se gaña asegura o Subcampionato e xogariase o título na casa o próximo día 9 de maio, o igual que os Seniors.
Estos son os horarios:
CADETE FEMININO:
XUVEN CAMBADOS - CB GROVE AMALFI
Venres 24 as 19h - PAVILLÓN DO POMBAL
Estar as 17.45h na Estación para saír as 18h o máis tardar. Partido moi complicado onde as grovenses se gañan darían un paso moi importante para xogas a fase final.
 CADETE FEMININO:
CB GROVE AMALFI - ARXIL "B"
Domingo día 26 as 12.00h - PAVILLÓN DE CONMENIÑO.
Este partido é moi importante, pois teñen que gañalo para clasificarse para a fase final  si perdesen en Cambados o venres. Temos a última oportunidade para clasificarnos.
MINI (Alevín):
CB GROVE TURIMARES - SIGALTEC 2004 R
Sábado día 25 as 10.00h - PAVILLÓN MONTE DA VILA.
Partido decisivo pois de gañar xa serian Subcampións da Copa e deixarian todo para o último partido a xogar na casa para proclamarse Campións.
INFANTIL FEMININO:
CB GROVE AMALFI - CB DORNA
Sábado 25 as 12.00h - PAVILLÓN MONTE DA VILA
As grovenses seguen sen perder partido, unha nova victoria aseguraría xa o Subcampionato a falta de duas xornadas e xogariase o título de campionas dentro de 15 dias no Monte da Vila o igual que os Seniors, os cadetes masculino e feminino e o Mini.
CADETE MASCULINO:
CB GROVE TURIMARES - ESTUDIANTES BAQUERO
Domingo día  26 as 17.00h - PAVILLÓN DE CONMENIÑO
Partido decisivo ante o segundo clasificado, van os dous iguais sen perder partido, o que gañe xoga a fase final.
Esperamos que os nosos xogador@s se vexan arroupados nestos partidos tan importantes para o Clube Baloncesto OGrove, pois estamos moi cerca de gañar os "5" títulos da Copa Arousana na que estamos participando, cousa que moi poucos equipos poden acadar, por eso solicitamos o apoio de todos acudindo o Pavillón do Monte da Vila e Conmeniño para animalos.Xa sabedes, todos o Pavillón. 
¡¡¡ FORÇA  GROVE !!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario