martes, 10 de marzo de 2015

RESULTADOS XORNADA

Bó fin de semana para os nosos equipos, os seniors do CB Grove Turimares gañaron o sábado en Vilagarcía o CB El Doce por un claro 32-65 e o domingo no Pavillón Monte da Vila o segundo clasificado, CB Illa D'Arousa por 54-44, afianzandose así no terceiro posto.
SENIOR:
CB EL DOCE  32 - CB GROVE TURIAMRES 44, Xogaron:
Besteiro 5, Fonti, Pete 9, Jacobo, Germán 6, Kampa 12, Alex 6, Rubens 6, Yuri, Luís 9 e Oscar 12.
Marcadores: 9-14 e 8-13, descanso 17-27, 7-13 e 8-25. Final 32-65.
Partido bronco dos locais que usaron todo tipo de artiamañas pra desestabilizar o CB Grove, cousa que conseguiron en Alex que foi descalificado na mitade do segundo cuarto, por desconsideración o rival que estivo todo o tempo dandoñe golpes, con e sin balon en xogo. O capitán Oscar tivo que falar cos árbitros pra explicarñes que iso non era normal, ou pitaban ou se iba do campo pois non quería levar un mal golpe, nin él nin os seus compañeiros.
CB GROVE TURIMARES 54 - CB ILLA D'AROUSA 44, Xogaron polos locais:
Besteiro 2, Rubens 4, Alex 12, Luís 2, Jacobo, Fonti, Kampa 10, Germán 2, Pete 8, Yuri e Oscar 10.
Marcadores: 14-6 e 11-13, descanso 25-19, 14-15 e 15-10.  Final  54-44.
Victoria moi importante ante o segundo clasificado, o partido sempre estivo dominado polos grovenses pero estos non eran capaces de alonxarse no marcador, tan pronto gañaban de 12 ptos. como de 4, estiveron facendo a goma ata o final, onde dous triples de Pete a falta de 3 minutos fixo que acadasen unha diferenza de 12 que mantiveron ata o final. Agora queda un partido pra rematar a tempada a xogar na casa ante o Sigaltec o próximo sábado as 16h no Monte da Vila.
CADETE MASCULINO:
Victoria moi complicada do CB Grove Turimares ante o Giraldo CB por un axustado 60-54 lograda no último cuarto o logar un parcial de 23-7 que lle dou a volta o marcador, sempre dominado polos visitantes.
Os grovenses non tiñan o sue día, sobre todo Alvaro, que ten unha media de 20 ptos i en este partido anotou 9 o igual que Xabi, 8 ptos, con unha media de 14. Destacar a labor defensiva de todos e poder anotador de Wally, 24 ptos, e Díaz 15 ptos.pra remontar no último cuarto os 10 ptos de desvantaxe Xogaron:
CB GROVE TURIMARES: Dani, Díaz 15, Santi, Wally 24, Diego, Alvaro 9, Chusino, Jabeto, Brais 4, Xabi 8, Raúl e Noel.
Marcadores: 16-18 e 10-14, descanso 26-32, 11-15 e 23-7. Final  60-54.
CADETE FEMENINO:
As xogadores do Cadete Femenino, CB Grove Amalfi, perderon os dous partidos da xornada dobre. O primeiro ante o CB Arxil no monte da Vila por un axustado 30-39 motivado por un horrible tercerio cuarto, onde tiveron unha desvantaxe de 13 ptos, 8-21, que fixo imposible a remontada o quedar sin folgos nos minutos finais, chegando a estar a 4 ptos,  26-30. Xogaron:
CB GROVE AMALFI: Antía, Silvia, Mara 12, Ana 2, Alba 2, Arantxa 5, Sara 9, Julia, Irene, Paula, Noa, Jenny e Olgui.
Marcadores: 7-4 e 5-5, descanso 12-9,  8-21 e 10-9.  Final  30-39.
No partido celebrado o domingo en Conmeniño a derrota veu co equipo do Xuven que fixo un segundo cuarto perfecto en canto a acerto, 2-20, 18 puntos moi dificiles de remontar polas grovenses que o intentaron remontando dez puntos  e acabaron o terceiro cuarto a 8 puntos pero chegaron o último cuarto con poucas forzas o que provocou moitas perdas de balón que eran aproveitadas polas cambadesas.
Xogaron:
CB GROVE AMALFI: Antía, Silvia, Mara 6, Ana, Alba, Arantxa 7, Sara 15, Irene, Paula 4, Noa, María, Thais e Olgui.
Marcadores: 11-9 e 2-20, descanso  13-29. 13-5 e 6-15.  Final  32-49.
INFANTIL MASCULINO:
Derrota moi abultada a sofrida o venres en Marín no Pavillón do Sequelo ante o Peixe Galego "A" por 72-23, onde os grovenses fixeron o pior partido da tempada. Xogaron:
CB GROVE TURIMARES: Rodrigo, Alberto, Mouco, Samuel, Wally, Lois, Chusino, Brais, Pedro e Noel.
Marcadores: 21-5 e 14-2.  Descanso  35-7,  23-4 e 14-12.  Final 72-23.
MINIBASQUET:
Rematou a Liga de Mini Basquet Masculino con nova victoria por KO do CB Grove Turimares por 62-12 ante o CB Baltar . Os grovenses obtiveron pleno de victorias, 14 partidos xogados e 14 gañados. Agora a esperar a Copa. Xogaron:
CB GROVE TURIMARES: Uxía 2, Alberto 18, Pedro 12, Xoan 2, Adrian, Lois 16, Dafne 4, Nerea, Lucas 6, Pablo C 2, Nati e Stephanny.
Marcadores: 26-4, 12-8 e 22-0, descanso 60-12,  2-0 e KO.
PREMINIBASQUET:
Derrota dos nosos xóvens xogadores que día a día van mellorando moito vendo un avance na súa técnica que moi poucos teñen a pesares de levar máis tempo adestrando. O CB Grove perdeu ante o Sigaltec Bulls por 36-62 onde os grovenses deron a cara en todo momento, soio superados polo poderío físico dos visitantes que superaban en dous e tres anos os grovenses. Xogaron:
CB GROVE: David 4, Lucía 10, Claudia 4, Zaira, Andrea, Nati, Alex, Pablo, Alejandro, Xulio e Adrian 14.
Marcadores: 10-2, 8-12 e 0-14, descanso 18-30, 6-14, 6-18 e 6-2.  Final:  36-62
Agora a esperar os próximos rivais.
¡¡¡ FORÇA  GROVE !!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario