martes, 17 de marzo de 2015

RESULTADOS XORNADA 14-15/Marzo/2015

Este fin de semana foi bó para os equipos do Club Baloncesto OGrove, os Seniors gañaron o Sigaltec por un claro 59-48, acadando así o terceiro posto da clasificación,  o Cadete Masculino perdeu na casa ante o CB Riveira por 40-65, onde se notaron as numerosas baixas de xogadores importantes, o Cadete Femenino gañou en Marín o Peixe Galego por un axustado 30-37, o Infantil Masculino gañou no Monte Vila o Rio Ulla por 18 puntos, 65-47 e o Premini perdeu ante o Meco por 68-47 acusando as baixas de Nacho e Xulio. O resto dos equipos estan a espera de iniciar a Copa o próximo fin de semana.
SENIOR:
CB GROVE TURIMARES  59: Besteiro, Eloy 2, Pete 4, Jaco, Germ´na 4, Kampa 5, Alex 13, Fonti, Rubens 3, Yuri 6, Luís e Oscar 22.
SIGALTEC 48: López, Pujales, María, Avilés, Frieiro, domínguez Navia, Arroyo, Mendez, Rodríguez e García.
Árbitros Srs. Escaríz e Rivas.
Marcadores: 11-10 e 15-7, descanso 26-17, 12-12 e 21-19.  Final 59-48.
Victoria basada na defensa pois en ataque non estaban finos os grovenses onde o finalizar a primeira parte xa tiñan unha vantaxe de 9 puntos que os visitantes non foron capaces de remontar. O CB Grove sempre estivo cómodo no partido con diferenzas de 10-15 puntos, pero non eran capaces de romper o encontro, pois logo se acercaban os vilagarcíáns. O final victoria e terceiro posto que sabe a pouco, pois podían acadar perfectamente o primeiro ou segundo posto.
CADETE MASCULINO:
CB GROVE TURIMARES  40: Díaz 6, Walli 15, Chusino, Jabeto 4, Xabi 15 e Noel.
CB RIVEIRA  65: Camino, Barros, Oliveira, Pérez, Varela, Caamaño, Santamaría e Rodríguez.
Marcadores: 12-12 e 12-23,  descanso 24-35. 6-13 e 10-17.  Final 40-65.
Derrota que non entraba nos cálculos do entrenador, pero as numerosas baixas fixo que os grovenses dispuxeran de 6 xogadores únicamente o que provocou un cansanzo que foi aproveitado polos visitantes basado no seu maior poderío físico, sendos os amos do rebote, tanto defensivo como ofensivo, e si non dominas o rebote, e moi dificil acadar a victoria.
CADETE FEMENINO:
MARIN PEIXE GALEGO  30: López, touriño, Montes, Caamaño, Rodríguez, Fuentes, Da Silva, Corrales e Casal.
CB GROVE AMALFI  37: Jenny, Silvia 2, Mara 2, Ana 2, Alba 4, Antía, Sara 17, Irene 4, Paula 2, Thais, María 4 e Olgui.
Árbitros Srs. Escaríz e Vilas.
Marcadores.  13-13 e 7-8, descanso  20-21,  10-13 e 0-3.
Victoria do CB Grove no seu desprazamento a Marín nun partido moi malo no apartado de atque. Moi fortes en defensa, pero con moitos problemas a hora de atacar, fallando ocasións moi craras.
INFANTIL MASCULINO:
CB GROVE TURIMARES  65: Rodrigo, Alberto, Pedro 12, Pato 14, Walli 24, Lois 8, javi, Chusino, Brais, Mouco 5, Xoan e noel 2.
ESTRUGASA RIO ULLA  47: Barral, Tubío, De Jesús, Hernández, Portas, Hervaiz, Fernández, Miguéns, Lorenzo e Freiria.
Árbitros Srs. Escaríz e Martínez.
Marcadores: 17-12 e 13-11,  descanso  30-23,  17-7 e 12-12.
Empezaron dubitativos os grovenses pero tras o descanso e os consellos do seu adestrador empezaron forte e acadaron unha vantaxe de 17 puntos o final do tercerio cuarto que xa non foron capaces de remontar os visitantes, incluso a diferenza chegou a ser de máis de 20 puntos. Destacar o traballo de todo o equipo, pero sobre todo a Martín "Walli", o gran campitan e alma mater do equipo.
PREMINI:
O MECO 68: Rodríguez, AAyadi, Domínguez I, Domínguez D, Devesa, Otero, Mozava, Padín e Rey.
CB GROVE  47: David, Xoel, Adrián, Lucía, Zaira, Iván e Claudia.
Árbitro sr Martín, A.
Marcadores: 10-12, 4-12 e 22-2,  descanso 36-26, 4-5, 24-4 e 4-12.  Final 68-47.
Un bonito partido o celebrado no Pavillón de Conmeniño o domingo a mañán, onde os grovenses dominaron 4 dos 6 cuartos, pero insuficientes ante a superioridade neses dous cuartos dos locais que eran máis veteráns cos nosos xogadores que o cuarteto era de primeiro ano.
Agora a esperar outra semana pra poder disfrutar novamente dos nosos equipos e de estes monstruos da canastra.
¡¡¡ FORÇA  GROVE !!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario