miércoles, 4 de marzo de 2015

HORARIOS XORNADA 7-8/Marzo/2015

Estos son os horarios do fin de semana:
VIERNES:
As 17.00h: INFANTIL MASCULINO:
MARIN PEIXE GALEGO - CB GROVE TURIMARES
PAVILLÓN COLEXIO SEQUELO - MARIN.
Partido que se presenta complicado, pero esperamos recuperar os lesionados e poder dar a cara e acadar a victoria, confiamos nos nosos xogadores. Saída as 15.30h da Estación de Autobuses.
SABADO:
As 10.00h.: PREMINI (Benxamíns):
CB GROVE - SIGALTEC BULLS
PAVILLÓN MONTE DA VILA - GROVE.
O encontro presentase moi igualado pero con una pequena superioridade visitante que intentaremos superar a base de traballo. Estar no Pavillón as 9.30h
As 12.00h: CADETE MASCULINO:
CB GROVE TURIMARES - GIRALDO CB
PAVILLÓN MONTE DA VILA - GROVE
No partido da ida gañamos pero este presentase un pouco máis complicado o non poder adestrar ben esta semana polas baixas de varios xogadores, máis ainda así, confiamos na calidade dos mesmos e acadar a victoria. Estar as 10h no Pavillón para axudar e animar os nosos xogadores.
As 16.00h. CADETE FEMENINO:
CB GROVE AMALFI - CB ARXIL "C"
PAVILLÓN MONTE DA VILA - O GROVE
Dificil partido o que temos ante o Arxil, unha das mellores escolas do baloncesto Femenino da Delegación Arousana. O CBG intentara dar a sorpresa e gañar e para iso vai pelexar ata o último mínuto pola victoria. Estar no Pavillón as 15.15h para preparar o partido.
As 18.00h: MINI MASCULINO (Alevíns):
CB GROVE TURIMARES - CB BALTAR
PAVILLÓN MONTE DA VILA - O GROVE
No partido da primeira volta xogado en Portonovo, acadamos a victoria por un claro 24-70, pero deronnos o partido por perdido por presentar solamente 8 licencias o estar varios xogadores enfermos coa epidemia de virus que había en esos momentos, e non as 9 que nos exixen, esto é recaudación pura e dura, pois a Federación dañe igual os problemas que teñamos os Clubes para confeccionar o equipo, eles soion queren recaudar e recaudar. Acaba a Liga i esperamos acadar unha nova victoria pra preparar a Copa. Estar no Pavillón as 16h para animar o equipo Cadete.
As 20.00h. SENIOR MASCULINO:
EL DOCE VILAGARCÍA - CB GROVE TURIMARES
PAVILLÓN DE FONTECARMOA 2 - VILAGARCIA.
Penúltimo partido da temporada onde os grovenses intentaran enmendar o fallo da pasada xornada acadando a victoria. A saída sera as 18.30h do Habanero.
DOMINGO:
As 12.00h: SENIOR MASCULINO:
CB GROVE TURIMARES - ILLA D'DAROUSA
PAVILLÓN MONTE DA VILA - O GROVE
Partido que se aprazous no seu día por problemas de estudio dos nosos xogadores que estaban con examén na Universidade e xa sabemos cal é o noso dito: "Primeiro a Escola e déspois a Bola". Partido complicado ante o segundo clasificado que nos gañou na primeira volta por un apretado 48-47 nun partido que nunca debemos perder e onde os árbitros consentiron a dureza dos locais. Esperemos ter máis sorte e acadar a victoria pra seguir nos postos altos da clasificación e así acadar o terceiro posto. Estar as 11.15h no Pavillón
As 17.00h: CADETE FEMENINO:
CB GROVE AMALFI - XUVEN CAMBADOS
PAVILLÓN DE CONMENIÑO - O GROVE
Novo partido das cadetes nesta xornada doble o estar aprazado o partido polos carnanvales. O Xuven esta facendo unha boa temporada e as nosas xogadoras son moi irregulares o non ter os adestramentos necesarios pra competir dignamente. Onte por exemplo soio había 6 xogadoras entre infantiles e Cadetes o ter exámens ou estar enfermas e o non ter máis días, non podemos competir contra equipos que adestran 3-4 días a semana, pero imos pelexar pola victoria. Estar as 16.15h en Conmeniño.
Xa sabemos, ¡¡¡Força Grove!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario