miércoles, 25 de marzo de 2015

RESULTADOS CB OGROVE

Rematada xa a Liga Senior en espera de que empece a Copa, os equipos do Club Baloncesto OGrove tiveron diversos resultados cun balance de duas victorias e tres derrotas.
CADETE MASCULINO:
O Cadete Masculino, CB Grove "Turimares" gañou no seu desprazamento a Boiro, o Santa Baia por un cómodo 33-60, a pesares das baixas importantes do equipo, Alvaro por enfermidade e Díaz polo falecemento da súa avoa, o noso máis sinceiro pésame.
Fixeron un bó partido ante un equipo que peleou ata o final e onde os grovenses moveron o banquiño pra dosificar os xogadores de cara os próximos encontros da Copa, onde esperamos chegar moi lonxe. Xogaron:
CB GROVE TURIMARES: Pato 2, Wally 14, Diego 24, Chusino, Jabeto 2, Brais 3, Xabi 15 e Noel.
Marcadores: 13-22 e 8-11,  descanso  21-33,  10-14 e 2-13.  Final  33-60.
Quedan dous partidos pra rematar a Liga, hoxe mércores as 18.30 en Conmeniño ante o Sigaltec e o domingo as 17h no Monte da Vila ante o Dorna.
CADETE FEMENINO:
O equipo Cadete Femenino, CB Grove "Amalfi" perdeu na casa no Pavillón Monte da Vila, ante o Giraldo CB por 34-53, partido moi igualado ata o último cuarto, onde as grovenses acusaron o cansanzo motivado pola falla de adestramentos, fan bo xogo, defenden ben mentras hai forzas, pero falta rematalo en canastras o que aproveitan as visitantes para finalizar os seus ataques en canastras fáciles despois de roubar o balón.
Xogaron:
CB GROVE "AMALFI": Jenny 4, Silvia, Mara 5, Ana 2, Alba 4, Arantxa 8, Sara 11, Irene, Antía, Noa, Thais e Olgui.
Marcadores:  3-5 e 11-14,  descanso 14-19, 10-12 e 10-22, final  34-53
Rematou a Liga e agora a esperar pola copa que se inicia despois de Semana Santa onde intentaremos adestrar para intentar facer unha boa copa a pesares de estar no grupo dos mellores: Xuven, que quedou de segundo, CLB 3º clasificado e Arxil "B" que finalizou 4º, pasan os dous primeiros a fase final. no outro grupo estan os que quedaron nas últimas posicións a excepción do Arxil "C" 5º e CLB Miro que quedou 7º, y os últimos clasificados, Dorna, Sta Baia e Marin PG, retirandose o Meco.
INFANTIL MASCULINO:
Ox xogadores do Equipo Infantil Masculino, CB Grove Tuirmares perderon no Pavillón de Conmeniño ante o Meco por 8 puntos, 47-39, facendo un gran partido ante un equipo moi superior fisicamente e con máis anos de adestramento que se aproveitaron soio nos minutos finais o estar expulsado por faltas Brais e ter que ser cambiado Noel o recibir un codazo na cara que o deixou con derrame interno e medio conmocionado, e a falla de acerto no tiro nos momentos decisivos o acusar o cansanzo acumulado polo gran traballo defensivo que os locais non eran capaces de romper durante case todo o partido, e soio o final tiveron acerto. Os adestradores estan moi contentos  co traballo realizado, pois somos un equipo novo con 4 alevíns, onde Pedrito fixo un gran partido, soio lle faltou acertar co triple  que nos daría unha vantaxe de 5 ptos o incio do último cuarto, 31-36, pero ainda así, estamos orgurllosos dos nosos xogadores por prantar cara a un gran equipo que aspira a todo e que soio gañaba de 3 puntos a falta de 2 minutos. Grandes CBGs. Xogaron:
CB GROVE TURIMARES: Pedrito, Xoan, Wally 32, Lois 7, Chusino, Brais, Mouco e Noel.
Marcadores: 11-7 e 6-7,  descanso  17-14,  14-19 (31-33) e 16-6.  Final  47-39.
MINI:
O Alevín Masculino, inicia a Copa de Minibasquet, como rematou a Liga, gañando no seu desprazamento a Marin, o Peixe Galego, un dos favoritos a quedar campións. Os grovenses fixeron un partido regular pero sempre dominaron o encontro con vantaxes de 10-15 ptos. a pesares de ter a baixa de Alberto, un dos pilares do equipo o igual que Lois e o traballo defensivo de todo o equipo. Eran favoritos os locais, pero a calidade dos nosos xogadores impuxeronse durante todo o partido. Xogaron:
CB GROVE TURIMARES: Uxía, Stephanny, Pedrito 13, Xoan 6, Adrián, Lois 17, Dafne 2, Lucas 2, Pablo 2, Nati, Nerea e Ainhoa.
Marcadores: 4-6, 5-4 e 2-2,  descanso:  11-12,  5-8, 5-14 e 12-8.  Final: 33-42.
PREMINI:
E rematamos cos máis pequenos, os Benxamíns que perderon no Pavillón de Conmeniño ante o Marín PG por un claro 14-65, os nosos xogadores non deixaron de pelexar ata o final a pesares da gran diferencia que existía entre os dous equipos. os marinenses máis veterans e os grovenses case todos de iniciación, pois empezaron este ano, pero temos o futuro garantido.  Xogaron:
CB GROVE: Adrián, David, Lucía, Zaira, Claudia, Alex, Pablo, Andrea, Candela, Xoel, Xulio e Diego.
Marcadores: 6-13, 2-12 e 6-18,  descanso: 14-43,  0-22.
Queda un partido pra rematar a temporada da cal estamos moi orgullosos que se xoga o sábado as 16h no Pavillón da Rúa Castelao, ante o CB Vilagarcía e despois teremos máis tempo para adestrar e preparar os torneios nos cales participaremos de cara a próxima temporada onde esperemos que o futbol non nos faga tanto dano coma este; Nachito, Ivan, Diego, Iker, Anxo, Xurxo, Ton, que case sempre coincidían e o catecismo, non vaia ser que vaiamos po inferno.
Xa sabedes. ¡¡¡ FORÇA  GROVE!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario