miércoles, 4 de marzo de 2015

RESULTADOS XORNADA 01/03/2015

Xornada irregular dos nosos equipos este pasado fin de semana.
Os Seniors do CB Grove "Turimares" perderon na casa ante o RubenSport de Vilanova por 67-77 nun partido moi irregular onde os nosos xogadores nunca encontraron o ritmo do partido, con moitas perdas de balón tontos e fallos baixo canastra moi fáciles. Tamén se atoparon con un acerto desmesurado dos visitantes que tiñan o día de cara dende a liña de tres puntos, anotaron 10 de 15 intentos o que mermaba a concentración do CB Grove. As vantaxes visitantes andaban sempre nos 6-8 puntos, acercabanse os grovenses, ou poñianse por diante 2 puntos, e novamente desvantaxe local. a falta de 2,49 minutos, os grovenses gañaban 65-63 e novamente un triple a desesperada acabando a posesión afetou os nosos xogadores que perderon 3 balóns seguidos, anotando 2 puntos por 14 os vistantes. Xogaron:
CB GROVE TURIMARES: Besteiro, Fonti, Pete 6, Germán 6, Kampa 14, Alex 16, Rubens 4, Yuri, Lú e Oscar 19.
Marcadores: 18-19 e 17-20, descanso 35-39, 15-17 e 17-21. Final 67-77.
Esta derrota impide acadar o segundo posto e o terceiro esta dificil.
O equipo Cadete Masculino, CB Grove "Turimares" desprazouse a Pontevedra con numerosas baixas afectados pola gripe, soio 6 xogadores e coa mala sorte que se lesionou Pato no primeiro cuarto, xogando todo o tempo con cinco e o último cuarto, con 4 xogadores o ser eliminado por faltas Díaz, o que influeu na derrota ante o Estudiantes de Pontevedra por un axustado 40-34.
Os grovenses fixeron un gran partido, dominando todo o tempo o encontro con vantaxes moi curtas que o final de cada cuarto eran superadas polos locais en 2 puntos e soamente cando quedaron con catro xogadores e o cansanzo fixo mella nos nosos xogadores nos últimos minutos, a falta de 2 minutos gañaban de 2 puntos, 31-34, os pontevedreses foron capaces de impoñerse o lograr un parcial de 9-0 aproveitando os fallos visitantes. Hai que felicitar os nosos xogadores polo gran partido que fixeron, non dandose por entregados en ningún momento e merecedores da victoria, así reconocida polo público existente que os despediron con unha gran ovación. Grandes rapaces. Xogaron:
CB GROVE TURIMARES:  Díaz 3, Walli 19, Chusino, Pato 2, Xabi 10 e Noel 2.
Marcadores: 10-10 e 8-7, descanso 18-17, 10-12 e 12-7.  Final  40-37.
A primeira victoria chegou do Cadete Femenino, CB Grove "Amalfi" que se impuso o CB Dorna por 37-24 no partido celebrado no pavillón de Conmeniño, onde as nosas xogadoras non puderon desenrolar o seu xogo o estar a pista moi húmida que estivo a piques de provocar a suspensión do mesmo o estar ocupado o Monte da Vila con un Festival de Zumbatlhon. Tras un primeiro cuarto moi irregular, as nosas xogadoras impuxeronse con claridade no resto dos cuartos, movendo moito o banco para que xogaran todas. Xogaron:
CB GROVE "AMALFI": Antía, Silvia, Mara 6, Ana, Alba 1, Arantxa 4, Sara 18, Irene, Paula 4 e Olgui.
Marcadores: 6-7 e 10-6, 16-13 descanso, 10-6 e 11-5.  Final 37- 24.
Tamén gañou o equipo Infantil Masculino CB Grove Turimares o Marin Peixe Galego por un claro 68-30 no partido celebrado no Pavillón Monte da Vila. Os grovenses dominaron todolos cuartos ainda que no primeiro sairon con moitas dudas floxeando na defensa, para nos restantes apretar os visitantes e deixalos por debaixo dos 10 puntos por cuarto. Xogaron:
CB GROVE "TURIMARES": Rodrigo, Borja, Mouco 6, Pato 2, Walli 34, Lois 18, Chusino, Brais, Samu, Alberto, Raúl e Noel 8.
Marcadores: 18-11 e 16-5, descanso 34-16, 15-8 e 19-6. Final  68 - 30.
O equipo de Mini Basquet CB Grove "Turimares", segue a dominar a Liga con marcadores abultados non perdendo partido e gañando por por máis de 30 puntos o por KO a maioría deles. Esta vez a victoria veu no seu desprazamento a Caldas por un novo KO 16-66 no 5º cuarto e sen desprazar os mellores xogadores que estaban co equipo Infantil. Esta victoria xos clasifica de Primeiros a falta de un partido para rematar a Liga e preparar a Copa, soio estiveron igualados os cuartos, cando en pista estaban xogando varios benxamíns. Xogaron:
CB GROVE "TURIMARES": Uxía 12, Pedro 16, Nati 4, Adrián 10, Stefy, Dafne 4, Nerea, Lucas, Pablo, Ainoha, Lucía e David.
Marcadores: 0-18, 2-16 e 4-6, descanso 6-40, 4-6, 10-10 e 0-16.
Os máis cativos do CB Grove, o equipo de Premini, perdeu na sua visita a Carril ante o Sigaltec Celtics por un claron 50-18. Os nosos xogadores empregaronse a fondo para non perder por KO ante un equipo moi superior, pero os grovenses deron a cara e fixeron un gran partido a pesares da diferencia física existente. Temos o futuro garantido con estos rapaces. Xogaron:
CB GROVE: Pablo, Alejandro, David, Xoel, Nacho, Xulio, Lucía, Candela, Claudia, Zaira e Andrea.
Marcadores: 12-0, 6-8 e 4-0, descanso  22-8, 10-6, 10-0 e 8-4.  Final  50-18.
Os equipos Infantil e Alevín Femenino non xogaron por estar paradas as ligas en espera de iniciar a Copa.
Estamos moi orgullosos dos nosos xogadores que van xogar a defender os nosos colores.
¡¡¡ FORÇA  GROVE !!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario