jueves, 22 de enero de 2015

HORARIOS XORNADA 24-25/Xaneiro/2015

Fin de semana complicado para os nosos equipos que esperamos resolver favorablemente na maioria dos encontros onde os Seniors do CB Grove teñen dobre xornada. Estos son os horarios:
SÁBADO día 24:
As 10.00h - CADETE FEMENINO:  CB CORTEGADA - CB GROVE AMALFI
Pavillón do Instituto de Carril - Vilagarcía.
Partido moi igualado onde confiamos nas nosas xogadoras que van a máis según avanza o campionato.
As 16.00h - MINI (Alevíns) MASCULINO:
GIRALDO PIN - CB GROVE TURIMARES
Pavillón de Fexdega - Vilagarcía.
Na primeira volta gañaron comodamente pero os vilagarciáns melloraron máis ainda así, confiamos na victoria.
As 20.00h - SENIOR: ESTUDIANTES - CB GROVE TURIMARES
Pavillón da Xunqueira - Pontevedra.
Os pontevedreses van de últimos e o problema que nos encontramos é que os nosos non adestraron dende o Nadal polos estudos, xa que estaban de exámenes na Universidade e non podían vir. Un mes sen adestrar pode pasar factura.
DOMINGO día 25, FORA:
As 12.00h - PREMINI (Benxamíns) : SIGALTEC - CB GROVE
Pavillón Instituto de Carril - Vilagarcía.
Nova experiencia para os nosos cativos que van a disfrutar o recuperar a moitos que estaban enfermos.
NO GROVE:
As 10.00h - CADETE MASCULINO: 
CB GROVE TURIMARES - ESTUDIANTES
Pavillón Monte da Vila
Partido igualado onde o CBG intentara resarcirse da derrota da primeira volta, se seguen na mesma liña de xogo, seguro que o conseguen.
As 12.00- SENIOR: CB GROVE TURIMARES - O MECO
Pavillón Monte da Vila
Na primeira volta gañamos pero os visitantes reforzaronse ante as derrotas que levaban e agora estan facendo un bo campionato o recuperar a todolos xogadores do ano pasado.
As 17.00h - INFANTIL FEMENINO: CB GROVE AMALFI - CB DORNA
Pavillón de Conmeniño -
As nosas xogadoras deron un salto no seu xogo a pesares das últimas derrotas, todas por 1 ou 2 ptos, amosando a súa melloría según avanza o campionato. Confiamos na victoria.
As 19.00h - INFANTIL MASCULINO.  CB GROVE TURIMARES - XUVEN
Pavillón de Conmeniño
Na primeira volta saimos derrotas en Cambados por 8 ptos. despois de facer un mal partido, era o primeiro de Liga e non colleramos o ritmo. Agora confiamos na victoria pois xa non é o mesmo si contamos con todolos xogadores.
Xa sabemos, imos animar os nosos xogadores. 
¡¡¡ FORÇA GROVE !!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario