miércoles, 21 de enero de 2015

RESULTADOS XORNADA 17-18/Xaneiro/2015

Esta pasada xornada tivemos bós resultados nos distintos equipos, o equipo cadete masculino e femenino gañaron, o infantil femenino perdeu de 2 ptos. e o Premini perdeu ante un equipo moi superior.
CADETE MASCULINO:
CB GROVE TURIMARES  58 - SIGALTEC "P" 42 : Gran segunda parte dos grovenses: Xogaron:
Rodrigo, Chusino, Díaz 10, Dani, Alvaro 24, Javeto, Brais 6, Xabi 18, Noel, Pato, Raúl e Samu.
Marcadores: 6-11 e 12-17, descanso 18-28, 19-4 e 21 -10, final 58-42.
Partido que comenzou dominando o Sigaltec os dous primeiros cuartos chegando o descanso con vantaxe de 10 ptos. aproveitando a baixa intensidade defensiva e o desorden en ataque. Tras o descanso e a conversa no vestiario, os grovenses sairon dispostos a darlle a volta o marcador e así o fixeron no terceiro cuarto o lograr un parcial de 19 que os poñía por diante 5 ptos. despois de unha gran defensa que proporcionaba moitos roubos de balón pra acabar en canastra.  Empezaron tamen o último cuarto con moita intensidade é un parcial de 11-0 nos primeiros minutos, poñía a vantaxe en 16 ptos. (48-32) e xa encarrilaba o encontro pra dar máis minutos o resto dos xogadores o que foi aproveitado polos visitantes pra acercarse no marcador. Nova victoria que segue acercando o CB Grove os postos altos da clasificación.
CADETE FEMENINO:
CB GROVE "AMALFI"  56 - O MECO  27. Moita superioridade local. Xogaron:
Silvia 2, Mara 4, Ana 1, Alba 3, Arantxa 20, Sara 21, Irene 2, Paula 3, Julia, María, Thais e Olgui. 
Marcadores: 13-12 e 9-01, descanso 22-13, 19-8 e 15-6. Final 56-27.
Lamentar a baixa de Jenni con rotura de tres dedos no partido anterior. A victoria foiñe dedicada pra que se recupere pronto.
As nosas xogadoras sairon dominando o encontro nos primeiros minutos con un  parcial de 11-1 pra entrar despois nus minutos de nerviosismo que aproveitaron as visitantes pra acercarse no marcador a 1 pto. 13-12. Trás o parón e un cambio de impresións dos adestradores coas xogadoras, estas sairon máis forte en defensa no resto dos cuartos e foron moi superiores logrando un parcial de 43-15 que poide ser maior de non facer tanta rotación, pero o importante e que xoguen todas e manteñan un bó nivel de xogo, como así o teñen a pesares de levar menos tempo no basque que as visitantes.
INFANTIL FEMENINO:
CB ARXIL "B" 39 - CB GROVE "AMALFI"  37: Derrota inxusta. Xogaron:
Vanessa, Eva, Salma, Arantxa 13, Nerea, Irene 7, Antía 2, María 4, Thais 2 e Olgui 9.
Marcadores: 6-13 e 10-8, descanso 16-21, 11-11 e 12-5.
A eliminación por personales das xogadoras máis importantes do equipo con decisións árbitrais que provocaron as protestas do adestrador M "Campaña" que reibeu unha técnica inxusta, como así o reconoceron os adestradores do Celta que estaban presentes que estaban asustados o ver como era amenazado polo arbitro. As grovenses foron superiores en todo momento dominando o encontdro dende o primeiro minuto e nunca perderon a vantaxe ata os minutos finais. Ë triste que un señor acabe coas ilusións e o traballo dun equipo que o único que quer e xogar en igualdade de condicións.
PREMINI:
CB GROVE   0 - GIRALDO CB 05  50: Superioridade visitante. Xogaron:
Adrían, Xoel, David, Lucía, Nati, Stephanny, Andrea, Claudia, Zaira, Candela, Antón e Iván.
Marcadores: 0-20, 0-20 e 0-10.
Nada que facer dos nosos xóvenes ante un equipo moi superior fisicamente que dende o principio dominaron os nosos xogadores cerrando a acta no terceiro cuarto. 
¡¡¡ FORÇA  GROVE !!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario