miércoles, 28 de enero de 2015

RESULTADOS CB OGROVE

Xornada de Liga moi irregular a do 24-25 de xaneiro onde tivemos de todo, victorias e derrotas, algunas por decisións árbitrais que é mellor ignorar, pois isto non cambia.
SENIOR:
Os Seniors do CB Grove "Turimares" perderon o domingo na casa por dous puntos tras unha prórroga, 63-65, onde a sempre tiveron o dominio do encontro pero non acertaban baixo o aro no primeiro cuarto, para despois dominar o resto ata os minutos finais onde o cansanzo do partido anterior, notouse así, como as numerosas exclusións, cinco e dous xogadores con catro faltas, 37 faltas en contra e 28 a favor, moita diferencia que repercuteu no vantaxa dos tiros libres que foi o que moitivou a derrota. Estamos contentos co xogo desenrrolado despois de un mes sen adestrar polos estudos, dende o 22 de decembro que non estaban xuntos pois no nadal non cadraron os días de adestramento o coincidir cos festivos.
CB GROVE "TURIMARES": Besteiro, Fonti, Pete, Jacobo, Germán, Kampa, Alex, Rubéns, Carlos e Oscar.
Marcadores: 7-17 e 25-8, descanso 32-27, 15-11 e 14-25, Prórroga: 2-4. Final 63-65.
No partido aprazado e xogado o sábado en Pontevedra ante o Estudiantes, o CB Grove Turimares gañou por 58-64 nun partido moi intenso, onde os locais por xogo, non debían de estar no último posto da clasificación polo visto no partido xogado contra nós. A igualdade foi a tónica de todo o encontro, os grovenses faltos de ritmo e xogo despois do paron do nadal, e os locais intentando lograr a sua primeira victoria co novo adestrador, o cal se notou, pois fixeron un gran partido.
CB GROVE "TURIMARES": Rubéns, Alex, Germán, Kampa, Fonti, Oscar, Luís, Pete e Besteiro.
Marcadores: 17-16 e 14-16, descanso 31-32, 15-19 e 12-13, Final 58-64.
CADETE MASCULINO:
Derrota no partido xogado no Monte da Vila do CB Grove "Turimares" ante o Estudiantes de Pontevedra por un claro 46-70 o cometer moitos fallos os locais na primeira parte o que provocaba canastras claras dos visitantes. Non ai tanta diferenza entre os dous equipos, pero os erros son mortais, para tras as segunda parte, amosar do que son capaces, perderon por un parcial de 30-34.
Xogaron polo CB GROVE "TURIMARES":  Díaz, Dani, Pato, Walli, Alvaro, Chusino, Javeto, Brais, Xabi, Rodrigo e Noel.
Marcadores: 6-16 e 10-20, descanso  16-36,  12-15 e 18-19.  Final 46-70.
CADETE FEMENINO:
O CB Grove Amalfi desprazouse a Carril para xogar co CLB con moitas baixais por enfermidade o que provocou un baixon no equipo e non deron a talla que viñan amosando nos últimos partidos. Perderon por un claro 61-25 despois de gañar o primeiro cuarto por 10-11, pero o baixon físico notouse e as locais dominaron o encontro a pesares de intentalo as nosas xogadoras, pero non había folgos.
CB GROVE "AMALFI": Silvia, Mara, Ana, Alba, Arantxa, Irene, Paula, Thais e Olgui, 4 xogadoras infantiis para poder competir.
Marcadores: 10-11 e 21-6,  descanso 31-17,  12-6 e 18-2.  Final 61-25.
INFANTIL MASCULINO:
Partido xogado no Pavillón de Conmeniño con derrota de CB Grove Turimares ante o Xuven por 41-54, nun partido moi intersante con dous equipos que fan un bó baloncesto e dominando a prmeira parte os cambadeses e os grovenses a segunda pero xa non puderon remontar os 10 puntos que tiñan de dasvantaxe. Os pais puderon disfrutar do xogo dos seus fillos. unas 100 persoas no Pavillón que deron moito colorido as bancadas.
CB GROVE "TURIMARES" Rodrigo, Alberto, Pedro, Xoan, Walli, Lois, Chusino, Brais, Rodri, Noel, Samu e Iván.
Marcadores: 11-15 e 11-17, descanso 22-32,  5-9 e 14-13,  Final 41-54.
INFANTIL FEMENINO:
O equipo CB Grove Amalfi  logrou a victoria moi cómoda ante o CB Dorna da Illa de Arousa por un claro 67-16, dando unha alegría os siareiros despois de tantas derrotas. As grovenses foron moi superiores dende o inicio para na segunda parte deixar as rivais en dous puntos, as cales non foron capaces de superar a defensa presionante das xogadoras locais.
CB GROVE "AMALFI": Dafne, Uxía, Ainoa, Salma, Eva, Arantxa, Irene, Antía, María, Nerea, Thais e Olgui.
Marcadores: 15-8 e 12-6,  descanso  27-14,  16-0 e 22-2.  Final 67-16.
MINI MASCULINO:
O equipo Alevín CB Grove Turimares, segue dominando os seus rivais sen problemas, no seu desprazamento a Vilagarcía, gañaron novamente por un claro 32-79 o CB Giraldo Pink no Pavillón de Fexdega. Dende o incio os grovensens non deixaron de mandar no marcador.
Xogaron polo CB GROVE "TURIMARES": Uxía, Lois, Alberto, Xoan, Lucas, Pedro, Ainoa, Stephanny, Dafne, Alejandra, Nati e Pablo Caneda..
Marcadores: 4-15, 8-18, 5-12, descanso 17-45, 2-12, 11-8 e 4-14.  Final 32-79.
BENXAMIN (PREMINI):
Os nosos pequenos do CB Grove perderon no seu desprazamento a Vilagarcía ante o Sigaltec 2005 M por un claro 72-21, moita superioridade dos xogadores locais ante un equipo moi xoven formado este ano, pois os veterans xogan co Mini e faltaron varios o compartir co futbol. Máis ainda así, veuse un partido moi interesante donde os pais disfrutaron de estas futuras promesas do basquet.
Xogaron polo CB Grove: David, Antón, Marcos, Xurxo, Ivan, Barbara, Candela, Claudia, Zaira, Andrea, Lucía e Anxo.
Marcadores: 18-2, 10-6, 15-4, descanso  43-12, 9-5, 16-2 e 4-2.  Final 72-21.

No hay comentarios:

Publicar un comentario