martes, 18 de noviembre de 2014

RESULTADOS XORNADA 16-15/Novembro/2014

Mala xornada para os nosos equipos este pasado fin de semana. Os Seniors perderon en Pontecesures  o Cadete Femenino en Pontevedra, o Cadete Masculino no Monte da Vila, as Infantiles gañaron na Illa de Arousa, o Mini Masculino gañou na casa e os Benxamíns perderon en Vilagarcía, descansando o Infantil Masculino e o Mini Femenino esta a espera de escomenzar a Liga Escolar.
SENIOR:
RIO ULLA 76 - CB GROVE TURIMARES  61: 
Xogaron: Besteiro 3, Eloy 3, Fonti 2, Pete 4, Kampa 3, Alex 18, Carlos, Germán, Luís 4 e Oscar 24.
Árbitros Srs. Loira e Malvar. Sinalaron 23 faltas os locais e 28 os grovenses, excluídos Fonti e Pete.
Marcadores: 13-20 e 12-16, (25-36 descanso) 20-16 e 31-9. Final 76-61
O CB Grove tirou pola borda no último cuarto todo o traballo feito nos anteriores, sin intensidade defensiva e un xogo de ataque moi individual os que o levou a encaixar un parcila de 31-9 que o dí todo..
CADETE FEMENINO:
CB ARXIL "B" 51 - CB GROVE AMALFI  26.
Xogaron: Jenni, Silvia, Mara 2, Alba 4, Arantxa 5, Sara 11 Julia e Paula.
Marcadores: 19-3 e 12-14, descanso 31-17, 8-3 e 12-6. final 51-26.
Mal partido en ataque das nosas xogadoras que non encontraron en ningún momento o ritmo de xogo nin tiveron acerto de cara o aro e notaron as numerosas baixas.
CADETE MASCULINO:
CB GROVE TURIMARES  49 - ESTUDIANTES PONTEVEDRA "B" 79.
Xogaron: Rodrigo, Díaz, Dani, Noel, Walli, Alberto e Xabi.
Marcadores: 8-17 e 12-18, descanso 20-35, 16-13 e 13-31. Final 49-79.
As numerosas baixas influiron en un equipo que o intentou ata o último momento, pero as forzas no acompañaron para encaixar no último cuarto un parcial de 13-31 que foi definitivo.
INFANTIL FEMENINO:
CB DORNA  26 - CB GROVE AMALFI  42. 
Xogaron: Dafne, Uxía, Nerea, Ainoa, Arantxa 9, Irene 10, Antía, María 2, Thais 2, Lucía, Eva e Olgui 22.
Marcadores: 8-12 e 4-10, descanso 12-22, 4-12 e 14-8.
Victoria cómoda que pudo ser máis ampla de ter Arantxa un día máis acertado de cara o aro. Destacar a todo o equipo polo seu esforzo e non tanto polo xogo. Poden facelo moito mellor.
MINI MASCULINO:
CB GROVE TURIMARES  70 - GIRALDO CB PINK 19.
Xogaron: Pedro 10, Alberto 16, Stephanny, Xoan 12, Adrián 6, Lois 16, Dafne, Nerea, Lucas 4, Ainoa, P Caneda 6 e Nati.
Marcadores: 26-0, 16-7 e 12-12, descanso 54-19, 16-0. Final 70-19.
Superioridade dos nosos alevíns que dominaron o encontro dende pitido inicial. Temos un equipo que nos vai dar moitas alegrías no futuro..
O Alevín Femenino esta pendente do inicio da Liga Escolar, os Benxamíns descansaron.
¡¡¡ FORÇA  GROVE !!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario