miércoles, 26 de noviembre de 2014

RESULTADOS XORNADA 22-23/Novembro/2014

Bó fin de semana a pesares de ter varias derrotas dos nosos equipos, catro victorias e duas derrotas foi o balance da xornada.
Os Seniors do CB Grove Turimares perderon na casa ante o lider, Deisgual Laxe por 56-61, nun partido que estivo moi igualado, os grovenses deixaron ir a victoria nos últimos minutos, onde a veteranía dos marinenses impuxose as ansias de gañar dos locais onde se viron un pouco perxudicados nas faltas persoais, 28 contra 20 e que foron decisivas nos minutos finais.
Xogaron polo CB Grove "Turimares": Rubén, Eloy, Fonti, Pablo, Jacobo, Germán, Kampa, Alex, Luís, Yuri Besteiro e Oscar.
Marcadores: 13-22 e 12-8 (25-30 descanso)  16-8 (41-38) e 15-23 (final 56-61)
Con esta derrota o CBG Turimares situase no medio da táboa con tres victorias e tres derrotas.
O equipo Cadete Masculino, CB Grove "Turimares" gañou no seu desprazamento a Vilagarcía o Giraldo CB por un axustado 52-55, onde as numerosas baixas, desprazouse con 7 xogadores, fixeron notar en demasía, máis ainda así, gañamos o que fai manternos nos postos altos da clasificación. Destacar a entrega de todolos xogadores pero en especial a Walli, Díaz e Xabi que mantiveron o equipo nos minutos decisivos. Xogaron:
CB GROVE "TURIMARES": Rodrigo, Díaz 11, Dani 2, Walli 23, Noel, Mouco 2 e Xabi 14.
Marcadores: 10-12 e 7-19 (17-31 descanso) 23-12 (40-43) e 12-12 (final 52-55).
As xogadoras do Cadete Femenino CB Grove "Amalfi" tamén gañaron o CB Dorna por 36-73, no seu desprazamento a Illa de Arousa na tarde do domingo, foron moi superiores e xa escomenzaron moi fortes logrando un parcial no primeiro cuarto de 6-26 o que fixo que os seguintes cuartos se xogaran máis tranquilos e movendo a todo o banquiño dando moitos minutos as novas xogadoras, Jenni, Paula e Julia que levan pouco tempo no equipo e no baloncesto. Estas foron as xogadoras que lograron a victoria onde destacou Sara con 36 puntos perfectamente acompañada por lo resto das súas compañeiras onde Mara tamén fixo un bo partido, 14 ptos. O equipo segue nos postos altos da clasificación
CB GROVE "AMALFI": Jenni 3, Silvia, Mara 14, Ana, Alba 2, Arantxa 8, Sara 36, Julia, Paula 2, Irene 2, Olgui 6 e Thais.
Marcadores: 6-26 e 10-15 (16-41 descanso) 6-12 (22-53) e 14-20 (36-76 final)
Outra das victorias foi a do equipo Infantil Masculino do CB Grove "Turimares" ante o Marin Peixe Galego no seu desprazamento o pavillón da Raña por un claro 29-61. Os grovenses xa sairon moi fortes no primeiro cuarto, 2-20 para deixar claro que viñan a facer un bo partido e lograr a victoria ante un equipo que nunca baixou os brazos. Gran labor de todo o equipo onde o "Gran Capitán" Walli anotou 25 ptos e dirixeu o equipo con maestría dando máis de 20 asistencias. Un equipo moi xoven que nos darán moitas alegrías no futuro. Xogaron:
CB GROVE "TURIMARES": Rodrigo, Alberto 5, Pedro 4, Xoan, Walli 25, Lois 8, Noel 4, Alfonso, Brais, Mouco 11, Lucas 4 e Samuel..
Marcadores: 2-20 e 11-13 (13-33 descanso) 6-17 (19-45) e 11-11 (29-61 final)
O equipo Infantil Femenino CB Grove "Amalfi" perdeu na casa por 38-48 ante o Meco en un partido onde as baixas de varias xogadoras fixo que o cansanzo e as faltas personales pasaron factura nos minutos finales onde o parcial foi de 4-17. Fixeron un gran partido con un xogo moi vistoso onde o traballo de Olgui e Arantxa non soi suficiente para acadar a victoria, así como a gran labor defensiva do resto das xogadoras, o seu adestrador estaba moi contento pois temos equipo, e cando se recuperen as lesionadas, o equipo sera máis forte. Xogaron:
CB GROVE "AMALFI" Nerea, Arantxa 14, Irene, Antía 1, María 2, Thais 1 e Olgui 18.
Marcadores: 8-10 e 13-6 (21-16 descanso) 13-16 (34-32) e 4-17 (final 38-48)
O equipo Alevín Masculino non tivo rival no seu desprazamento a Pontevedra onde gañou o VP Trainers Estudiantes por un claro 0-50 na mitade do terceiro cuarto, a superioridade era tal que os grovenses defendían dende o medio campo, sobrou a segunda parte onde o interés estaba en ver si os locais metían unha canastra. Estos partidos non nos sirven para nada, a Federación tiña que intentar outra forma de que as ligas sexan máis competitivas.Xogaron: 
CB GROVE "TURIMARES": Ainoa, Alberto 12, Pedro 6, Xoan 8, Stephanny 2, Lois 12, Lucas 2, Pablo C 4, Nati, Nerea 4, Adrían e Diego.
Marcadores: 0-20, 0-18 e 0-12 (0-50 final)
Agora a esperar por outra nova xornada onde esperamos dar novas alegrías os nosos xiareiros.
¡¡¡ FORÇA  GROVE !!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario