miércoles, 29 de octubre de 2014

HORARIOS XORNADA 1-2/NOVEMBRO/2014

Estos son os horarios dos equipos este fin de semana:

CADETE MASCULINO: XUVEN - CB GROVE "TURIMARES"
Venres  día  30  as 16.30h - PAVILLÓN DO POMBAL - CAMBADOS
Cambiamos e adiantamos a orden do partido a petición do Xuven que tiña problemas para desprazarse o Grove o ter convocado o xogador Rubén na Selección Galega e ter adestramentos este fin de semana i era mellor adiantalo que aprazalo.
Partido moi igualado onde esperemos recuperar a Alvaro que se lesionou no partido anterior tendo moi inflamado o xeonllo con derrame incluído. Coma sempre fan os nosos equipos, esperamos ser competitivos ata o último minuto e disfrutar do xogo. Saímos as 15.30h da Estación de Autobuses.
CADETE FEMENINO: ARXIL "C" - CB GROVE "AMALFI"
Sábado día 1 as 12h - PAVILLÓN DE MAXISTERIO - PONTEVEDRA
Outro partido moi complicado, pois todos sabemos que o Arxil é unha das referencias do basquet feminino na zona e sempre esta nos postos altos da clasificación, pero confiamos nas nosas xogadoras as cales van a máis en cada partido. A saída está para as 10.30h da Estación de Autobuses.
SENIOR: O MECO - CB GROVE "TURIMARES"
Sábado día 1 as 20h - PAVILLÓN MONTE DA VILA
Partido que se presenta moi igualado aínda que confiamos nos nosos xogadores que estan a realizar uns bós encontros.
INFANTIL MASCULINO: CB GROVE "TURIMARES" - SIGALTEC CLB
Domingo día 2 as 10h - PAVILLÓN MONTE DA VILA
Os grovenses confian na victoria en un partido que se presenta moi igualado.
INFANTIL FEMENINO: CB GROVE "AMALFI" - CLB 
Domingo día 2 as 12h - PAVILLÓN MONTE DA VILA
As nosas xogadoras veñen de lograr unha victoria moi importante en Vilagarcía e van a pelexar por conseguir a segunda dando así unha gran satisfación os seus seguidores e non van a escatimar o esforzo para elo. Xa sabedes, todos a animar os nosos equipos este fin de semana.
  ¡¡¡ FORÇA  GROVE !!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario