miércoles, 29 de octubre de 2014

RESULTADOS XORNADA 25-26/OUCTUBRO/2014

Mala xornada en canto a derrotas pero exitosa en canto o xogo realizado, pois moitas non se mereceron, e soio as actuacións arbitrais impediron a victoria.  Os seniors do CB Grove Turimares perderon na Illa de Arousa por un punto, 48-47, o Cadete Masculino CB Grove Turimares, perdeu no derbi po 53-48 nos últimos minutos, o Cadete Femenino CB Grove Amalfi, perdeu na casa por 42-52, os infantiles masculinos CB Grove Turimares, perderon en Cambados por 48-40 e as infantiles femeninas do CB Grove Amalfi lograron a victoria en Vilagarcía por 36-44.
SENIORS:
ILLA DE AROUSA  48 - CBG "TURIMARES"  47: Besteiro 13, Eloy 5, Fonti 2, Pete 5, Xury, Iván 2, Kampa 2, Alex 7, RD 2, Luís 7 e Germán 5.
Árbitros Srs. Vázquez e Rivas, Sinalaron 22 faltas os locais e 23 os grovensenses, eliminados Alex e Kampa
Consentiron en exceso a dureza dos xogadores locais tendo que abandonar a pistar por un golpe na nariz Iván sangrando, RD por un esguince no segundo cuarto.
Marcadores: 6-8 e 21-9 (30-17 descanso) 10-17 (40-34) e  11-13 (48-47 final).
Derrota inxusta dos nosos xogadores que dominaron o encontro mentras este se desenrolaba polos cauces normais, soio na segundo cuarto con vantaxe do CBG por 8 ptos, comenzaron os locais a presionar a base de xogo duro que descncertou os grovenses os cales non entendían o que pasaba e non querían entrar na guerra, o que aproveitaron para irse no marcador. Na segunda parte cos árbitros máis esixentes e sin consentir a dureza local, foi dominada polo CBG, 21-30 e que tiveron o partido nas súas mans a falta de 12 segundos, pero fallaron a última posesión e notaron moita as baixas de Rubén e Iván, lesionados e Alex e Kampa que foron escluídos o inicio do último cuarto.
CADETE MASCULINO:
O MECO 53 - CB GROVE TURIMARES 48: Rodrigo, Díaz, Dani 4, Noel, Walli 2, Diego 14, Alvaro 21, Samu, Alberto, Brais 2 e Xabi 5.
Árbitros Srs. López e Alvarez. 
Marcadores: 4-14 e 18-14 (22-28 descanso) 22-9 (44-37) e 4-11 (53-48 final).
Derrota dos nosos xogadores despois de realizar un gran encontro no que dominaron en tres cuartos para no terceiro non ter sorte de cara o aro fallando varias ocasións claras e nos tiros libres, Walli nos últimos dous minutos acertou 1 de 6. Tiveron opcións de lograr a victoria pois a faltas de 16 segundos te dous puntos abaixo, 50-48, tiveron varias posesións para gañar pero non acertaron.
CADETE FEMENINO:
CB GROVE AMALFI 42 - CLB "D" 52: Jenni, Silvia 3, Mara 8, Ana, Alba 3, Arantxa 8, Sara 18, Olgui 1 Irene, Paula 1, Julia e Antía.
Arbitros Srs. Escaríz e Otero. Sinalaron 36 faltas as locais, excluídas Silvia, Alba e Olgui, por 30 as visitantes, excluídas Fernández, Sánchez e Pesado.
Marcadores: 13-9 e 11-19 (24-28 descanso) 9-12 (33- 40) e 9-12 ( 42-52 final)
Gran partido do CBG a pesares da derrota ante un rival que adestra 4 días a semana a toda pista, contra un que adestra un dous e comparten pista co masculino. A pesares da derrota as nosas xogadoras amosaron ser moi competitivas e nuha liga tan igualada esta derrota influie pouco de cara a fase final, onde esperamos estar entre as catro que loiten polo título de Liga.
IFANTIL MASCULINO:
XUVEN  48 - CB GROVE TURIMARES  40: Lois 9, Brais 5, Rodrigo, Pedro 2, Noel, Eric, Walli 22, Alberto, Lucas, Xoan 2, Simón e Adrián.
Árbitro Sr. Vázquez. 11 faltas os locais e 12 o CB Grove.
Marcadores: 12-9 e 4-10 ( 16-19 descanso) 13-13  (29-32) e 19-8 ( 48-40 final)
Marcador engañoso o rexistrado no Pavillón do Pombal de Cambados, onde os nosos xogadores puderon gañar comodamente de ter acertado nas numerosas entradas a canastra falladas incomprensiblemente despois de facer unha gran labor defensiva.
INFANTIL FEMENINO:
CB VILAGARCÍA BLANCO  36 - CB GROVE AMALFI  44: Thais 3, Antía 6, Nerea, Uxía 2, Dafne, Arantxa 21, María 5, Olgui 7, Paula, Lucía, Ainoa e Eva.
Árbitros Srs. López e Otero. 15 faltas as locais e 7 as visitantes.
Marcadores: 12-7 e 8-9 (20-16 descanso) 6-13 ( 26-29) e 10-15 (36-44 final)
Gran victoria das nosas xogadoras do CBG que tras unha primeira parte moi igualada foron superiores na segunda basada na gran labor defensiva de todo o equipo. Bo comenzo para un equipo moi novo e con moitas ilusións de acadar algo importante.
¡¡¡ FORÇA  GROVE !!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario