Boa xornada para os equipos do Clube Baloncesto O Grove con catro victorias e dúas derrotas.
Os Seniors do CB Grove Turimares, perderon ante O Meco por 81-44 onde as numerosas baixas, soio tiñamos sete xogadores e varios con problemas musculares, prantaron cara e soio no último cuarto, onde os nosos xogadores anotaron o cansanzo e a labor arbitral, que non mantivo o mesmo criterio para os dous equipos, o CB Grove xogou os dous últimos minutos con catro xogadores, fixo que encaixaran un parcial de 25-5, que non reflexa o acontecido durante o encontro. Destacar a todo e equipo pola sua entrega e sacrificio.
O Infantil Masculino, CB Grove Turimares, gañou os dous encontros, o Xuven de Cambados, partido xogado no Pavillón do Pombal por un claro 19-110, partidos que non serven de nada para ningún dos dous equipos e tamén gañaron o Marin Peixe "B" no Pavillón do Monte da Vila por 80-37. o que fai que os xogadores grovenses seguen o frente da clasificación.
O equipo Mini Basquet masculino, CB Grove Turimares, perdeu ante o Vilagarcía Rosa por 47-33 en un bó partido, os grovenses vanse entonando partido a partido amosando unha gran melloríal.
As alevíns do CB Grove Amalfi, perderon ante o Rio Ulla por un claro 11-62, onde a faltaron varias xogadoras e tivemos que tirar de varias benxamíns.
Os Benxamíns do CB Grove, gañaron na dobre xornada, o mércores o Meco por 80-37 e este sábado o Marin Peixe "B" por 57-29. Este equipo cando ten a todolos xogadores ten un potencial moi grande, soio cando lles coincide co alevín baixa, pois os mellores xogadores van con eles para mellorar.
A pesares dos problemas que temos para adestrar o non ter uns horarios axeitados a súa idade, a temporada que estan a facer e moi boa, extraordinaria, amosando unha gran calidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario