martes, 25 de febrero de 2014

RESULTADOS XORNADA 22-23/Febreiro/2014

Poucos partidos este fin de semana con distintos resultados. Os seniors do CB Grove Turimares, perderon na casa o Vigo A.M. por 46-72, realizando novamente un bó partido. Xogaron:
CB GROVE TURIMARES:  Iván, Fonti, Lobo, Kampa, Luí, Germán e Oscar. Novamente moitas baixas por motivos de traballo o que fai imposible conxuntar o equipo, e así levamos toda a tempada.
Marcadores: 9-19 e 22-36 descanso, 37-58 e 46-72 final.
Ábitros Srs. Sanmartín e Vázquez. Sinalaron 27 faltas os locais, excluido Kampa, por 16 os visitantes, novamente a diferendia no criterio o sinalar as faltas perxudican os grovenses, en todolos partidos teñen unha diferencia encontra de 8-10 personales mínimo, e 15-20 tiros libres encontra, o que fai que se vaian no marcador os contrarios.
O equipo esta a xogar ben, disfrutan xogando, pero a falta de adestramentos e de pretemporada, pagase moi alto en esta División que é moi competitiva, os xogadores estan collendo confianza e pronto tendremos a alegría de unha victoria que merecen por tesón, entrega e sacrificio, así como en xogo.
O equipo Infantil Masculino é o equipo que nos está a dar as maiores alegrías, o CB Grove Turimares gañou novamente, estavez na casa no Monte da vila ante o CB Vilagarcía Blanco por un claro 58-22.
CB GROVE TURIMARES: Rodrigo, Alberto, Xoan, Lucas, Alvaro, Lois, Brais e Noel.
Marcadores: 24-4 e 38-8 descanso, 44-13 e 58-22.
Partido dominado polo CB Grove a pesares das numerosas baixas, o marcador pudo ser máis amplo, pero o adestrador Eric, puxo moitos minutos en pista o equipo Alevín para que estivera máis igualado, e así aconteceu na segunda parte onde o parcial foi de 20-14. O importante é dar minutos os que menos xogan de cara os próximos encontros. Os grovenses seguen o frente da clasificación.
Os Benxamíns do CB Grove Turimares, perderon no seu desprazamento a Cambados ante o Xuven, que foron moi superiores. O marcador foi 53-3.
CB GROVE TURIMARES. Nadia, Nati, Lucía, Manuel, Alvaro, David, Alba, Nerea, Paula, Barbara e Noa.
A pesares da derrota baseada no maior poderío físico dos cambadeses, dous anos maiores e todos homes, os grovenses amosaron mellores maneiras en canto os conceptos de xogo en equipo e técnica individual,que é o que importa de cara o futuro, a Baby Escola esta a mellorar día a día facendo mellores partidos co tempo.
¡¡¡ Força Grove !!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario