viernes, 14 de marzo de 2014

HORARIOS XORNADA 15-16/Marzo/2014

Estos son os horarios:
SENIOR:  CB GROVE TURIMARES - SIGALTEC BBC
Sábado día 15 ás 16h - PAVILLÓN MONTE DA VILA - O GROVE
Partido complicado unha vez máis polas numerosas baixas que teñen os grovenses, pero daran a cara si os Srs. colexiados o permiten e reparten xustiza por igual, e non soio o final para maquillar as estadísticas como no último encontro.
CADETE FEMENINOCB GROVE AMALFI - RIO ULLA
Sábado día 15 ás 18h - PAVILLÓN MONTE DA VILA.- O GROVE.
Escomenza a Copa Arosana as Campeonas e Subcampeonas da Liga, esperamos un partido igualado e competido co obxetivo de xogar a final.
INFANTIL FEMENINOCARRIL - CB GROVE AMALFI
Sábado día 15 ás 12h - PAVILLÓN  I.E.S.  DE CARRIL.
Partido correspondente a primeira xornada da Copa Arosana, as grovenses teñen moitas gañas de facer unha boa fase e xogar a final.
ALEVÍN FEMENINO: XUVEN - CB GROVE AMALIF
Sábado día 15 ás 10.00h - PAVILLÓN DO POMBAL CAMBADOS.
Partido difícil para as nosas xogadoras ante un equipo que ben de xogar a fase final.
INFANTIL MASCULINOXUVEN E. O. - CB GROVE TURIMARES
Sábado día 15 as 12h - PAVILLÓN DO POMBAL - CAMBADOS.
Partido que enfrenta os dous equipos que estan a frente da Liga, o que gañe ten case asegurado o título de Campión, confiamos moito nos nosos xogadores e que nos dén unha alegría.
ALEVÍN MASCULINO: O MECO - CB GROVE TURIMARES
Sábado día 15 as 10h - PAVILLÓN COLEXIO CONMENIÑO - O GROVE.
Confiamos en ver un bo partido.
BENXAMÍN MIXTO: BBC 05 - CB GROVE 
Sábado día 15 ás 12h - PAVILLÓN RÚA CASTELAO - VILAGARCÍA
O rendimento do equipo depende de si podemos contar con todos os xogadores.
Confiamos en ter un bó fin de semana
¡¡¡ FORÇA  GROVE !!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario