SENIOR:
CB GROVE TURIMARES 29 - SIGALTEC BBC 83.
Iván, Yuri, Fonti, Pete, Kampa, Mauri, Luís e Germán.
Marcadores: 8-27 e 8-18 ( descanso 16-45) 4-19 e 9-19 (final 29-83)
Árbitros Srs. Puyo e Piñeiro. Sinalaron 25 faltas os locais, excluídos Kampa e Germán. 22 os visitantes.
Superioridade do Lider ante un equipo que leva unha temporada gafada coas lesións o que fai que non adestren como se debería. Ademáis xoga sen pivots, elemento fundamental para unha competición tan competivida onde o poderío físico é imprescindible, máis ainda así, os xogadores esforzanse e dan todo de sí para competir dignamente, e iso nadie ño pode negar.
CADETE FEMENINO:
CB GROVE AMALFI 28 - RIO ULLA 47
Eva, Silvia, Mara, Ana, Alba, María, Sara, Aida, Thais, Ochoa, Sabela e Olgui.
Marcadores: 13-8 e 6-9 ( descanso 19-17) 4-18 e 5-12 (final 28-47)
Escomenzaron ben as xogadoras locais, con boa defensa e un ataque fácil, pero tras o descanso, as visitantes apretaron en defensa onde as xogadoras grovenses soio anotaron 9 puntos, e non superaron a presión que se crearon elas mesmas. Xogaban as Campionas e Subcampionas da Liga e non hai tanta diferencia como reflexa o resultado.
INFANTIL MASCULINO:
XUVEN E. O. 68 - CB GROVE TURIMARES 27.
Martín, Brais, Alvaro, Xabi, Lucas, Xoan, Lois, Alberto e Noel.
Marcadores: 22-3 e 32-12 ( descanso ) 51-16 e 68 - 27 final.
Partido que enfrentaba os dous mellores equipos da Liga, os grovenses sairon moi nerviosos e os locais tiñan ben estudiado os seus rivales. Tras un mal inicio, onde Martín viña de un mes de baixa, perdendo moitos balons que eran canastas fáciles do Xuven. No segundo cuarto, cando o CB Grove se soltou i estaba a facer o seu mellor baloncesto, lesionase Xabi, unha das pezas básicas do equipo, que ten para un mes de baixa. Agora a pelexar polo Subcampionato e felicitar o Xuven pola victoria e ese case seguro Campionato.
INFANTIL FEMENINO:
A.D. CARRIL 26 - CB GROVE AMALFI 46.
Tahis, Uxía, Mara, Ana, María, Arantxa, Irene e Olgui.
Marcadores: 9-11 e 15-20 (descanso) 20-27 e 26-46 (final)
Non poden iniciar de mellor maneira a Copa Arousan as xogadoras grovenese que se presentaron a este partido con varias baixas. Empezaron dubitativas pero na segunda parte foron superiores as locais. Temos moitas fe en estas xogadoras e seguro que faran unha boa Copa.
MINI MASCULINO:
O MECO COPYMAN 16 - CB GROVE TURIMARES 57.
Pedro, Adrian, Alberto, Xoan, Nacho, Lois, Pablo, Jesús e Noel.
Marcadores: 2-14, 7-10 e 2-11 ( 11 - 35 descanso) 2-4, 3-12 e 0-6 ( 16-57 final)
Victoria cómoda do CB Grove que foi en todo momento superior o Meco dende o primeiro ata o último cuarto, onde o quinteto eran todos benxamíns os cales amosaron unha gran calidade.
BENXAMÍNS:
SIGALTEC BBC 2005 72 - CB GROVE TURIMARES 39
Lucía, David, Ivan, Xoel, Alba, Nati, Stephanny, Manuel, Pedro, Adrian, Alvaro e Xabi.
Marcadores: 8-9, 16-0 e 9-20 ( descanso 33-29) 10-0, 9-8 e 20-2 (final 72-39)
Derrota abultada dos nosos peques, que se presentaron con moitas baixas o estar os mellores xogadores no equipo Alevín que xogaba a mesma hora, máis ainda así, fixeron un gran partido que soio foron superados cando estaban os máis cativos en pista, van partido a partido e cada día xogan mellor, para a próxima tempada vannos dar moitas alegrías.
BENXAMÍNS
CB GROVE TURIMARES 46 - CB VILAGARCÍA 05 62.
Lucía, David, Ivan, Nadia, Manuel, Alba, Nati, Stephanny, Xoel, Alvaro, Xabi e Xulio.
Marcadores: 6-10, 6-9 e 6-11 ( 18-30 descanso) 8-8, 10-7 e 10-16 ( final 46-62)
Nova derrota do Cb Grove no partido aplazado no seu día e xogado o martes no Monte da Vila, na hora do adestramento. Os grovenses prantaron cara a un equipo moi superior no físico que tiveron que pelexar moito para impoñerse os xóvenses xogadores grovenses os cales melloran moito día a día.
BENXAMÍNS:
CB GROVE TURIMARES 62 - COLEXIO ABRENTE 38
Lucía, David, Iván, Xoel, Nati, Alba, Stephanny, Nadia, Alvaro, Pedro, Adrian e Nacho.
Marcadores: 16-2, 10-4 e 4-6 (30-12 descanso) 2-8, 30-0 e 10-18 ( final 62-38)
Nova victoria dos peques en partido aprazado no seu día e xogado o mércores en Conmeniño na hora do seu adestramento. Estos partidos fan máis co adestramento i estase a notar, pois xogan moito mellor cada partido e os pais estan moi contentos vendo a progresión dos seus fillos
No hay comentarios:
Publicar un comentario