miércoles, 18 de diciembre de 2013

HORARIOS XORNADA 20-21-22/12/2013

Estos son os horarios do fín de semana que se presenta largo o ter partidos o venres día 20.
VENRES - INFANTIL MASCULINO:
CB VILAGARCIA - CB GROVE TURIMARES
As 17.00h - PAVILLON RUA CASTELAO.
Confiamos en unha nova victoria e que Eric se recupere pronto da gripe pa poder dirixilos.
VENRES - INFANTIL FEMENINO:
CB GROVE AMALFI - CB ARXIL "D"
As 19.15h PAVILLÓN MONTE DA VILA.
Descoñecemos o potencial das pontevedresas pero sabemos que son equipos moi peleóns e bós tecnicamente, pois son unha referencia do basquet femenino en Galiza, traballando moi ben a canteira. Veñen de proclamarse campionas da Copa Galicia en Alevíns e Infantiles, máis as nosas xogadoras tampouco se amedrentan e daran a cara para lograr unha nova victoria e seguir nos postos altos da clasificación.
SÁBADO  ALEVIN FEMENINO:
CB ARXIL "A" - CB GROVE AMALFI
As 10.00h - PAVILLÓN MAXISTERIO - PONTEVEDRA.
Partido moi dificil ante o líder, que como ben dixemos anteriormente, veñen de proclamarse Campionas da Copa Galicia. As grovenses van poñerñe as cousas dificiles a pesares das baixas.
SABADO  BENXAMÍN MASCULINO:
COLECIO ABRENTE - CB GROVE TURIMARES
As 12.00h -PAVILLÓN COLEXIO - ADIGNA - PORTONOVO
Partido que se presenta incerto o non ter referencia do equipo, pero confiamos na calidade dos nosos xogadores e no seu saber facer.
SABADO  BENXAMIN MIXTO:
CB VILAGARCÍA WHITE - CB GROVE AMALFI
As 16.00h - PAVILLÓN RUA CASTELA.
Partido pa disfrutar das futuras promesas, pois a maioría dos mesmos son da Baby Escola do CB Grove.
DOMINGO  INFANTIL MASCULINO:
CB GROVE TURIMARES - CB BALTAR
As 12.00h - PAVILLÓN MONTE DA VILA
Dobre xornada dos grovenses que despois de xogar o venres en Vilagarcía enfrentanse a un equipo moi peleón que ven de facer bos encontros, máis esperamos que os pupilos de Eric nos den unha nova alegría e poidan seguir invictos e nos postos altos da clasficación en espera do Xuven Establecimientos Otero de Cambados, un gran equipo que tamén segue invicto o igual que os grovenses.
Novamente a todos  BO NADAL e cun pouco de sorte cando estemos xogando o 14995 nos dou moitas alegrías. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario