Semana regular dos equipos do Club Baloncesto O Grove que notaron moito o parón do puente da Constitución pois non puderon adestrar.
SENIOR:
CB GROVE TURIMARES 43: Carlos, Fonti, Pablo, Junior, Kampa, Mauri, Luís, Oscar, Jacobo, Iván, Germán e Diego.
CB ALLARIZ 80: Igleisas, Fis, Pérez, González, Veras, Ferrero, Martínez, Quintana, Feijoo, Alvarez, Cuquejo e Pérez M.
Árbitros Srs. Ortega e Puyo.
Marcadores: 9-20 e 8-24 ( 17-44 descanso) 14-17 (31-61) e 12-19 (43-80 final)
Mala primeira parte dos grovenses sen defensa e mal porcentaxe no ataque o que fixo que o Allaríz se fose o descanso con unha vantaxe de 27 sentenciando o partido.Na segunda parte os grovenses sairon con máis actitude e xa competiron perdendo o terceiro cuarto por 3 puntos e o último por 7.
Os grovenses estan a notar a falta de pretemporada e as continuas lesións, confiamos que no Nadal se poñan finos para na segunda volta dar ese potencial que teñen.
INFANTIL FEMENINO:
O MECO 9: Domínguez, Barreiro, Charlin, Chaves, Conde, Muruais, Prieto, Fraga, Rubirosa, Lois, Couso e Prol.
CB GROVE AMALFI 62: Thais, Uxía, Mara, Ana, María, Alejandra, Valladares, Arantxa, Irene, Vanessa, Sabela e Olgui.
Árbitro Sr. Escaríz.
Marcadores: 2-14 e 2-20 (4-34 descanso) 3-10 (7-44) e 2-18 (9-62 final)
Superioridade das xogadoras do CB Grove que dominaron o encontro dende o inicio onde as súas rivais non foron capaces de superar as distintas defensas que facía o CBG Amalfi. A vantaxe pudo ser superior pero os continuos cambios e xogar moitos minutos con varias alevíns, fixo que o marcador se quedase curto. Destacar a gran defensa de todalas xogadoras e a capitana Mara que anotou 36 puntos y eso que estivo moitos minutos descansando.
ALEVIN MASCULINO:
CB GROVE TURIMARES 13: Pedro, Adrian, Alberto, Xaoan, Nacho, Lois, Jesús, Lucas, Eric, Martín, Pablo e Noel.
MARIN PEIXE GALEGO "A" 63: López, Santos, Villegas, Tomé, Pereira, Hermelo, Vidal, Touriño, Otero e Yubero.
Árbitros Srs. Ferreiro e López.
Marcadores: 4-19, 0-18 e 9-18 ( 13-55 descanso) 0-8 e final. 13-63.
Derrota clara dos grovenses ante un gran equipo que ven de proclamarse Subcampeón da Copa Galicia e que ten en seu xogador Pereira un portento que é capaz de facer mates sen esforzarse.
BENXAMÍN MIXTO:
ESTUDIANTES PONTEVEDRA "C" 71: Castro, Villar, Vidal, Lozoya, Vidal, Cordero, Casqueiro e Trabazo.
CB GROVE 31: Alba, Nati, Lucia, Gisela, Xoel, David, Iván, Alvaro, Manuel, Rodrigo, Jose e Stephany.
Marcadores: 10-7, 20-7 e 34-19 descanso, 45-21, 55-25 e 71-31.
Gran partido o presenciado no Pavillón da Xunqueira onde o Estudiantes de Pontevedra soi superior os xóvenes xogadores grovenses. Aquí temos futuro.
O resto dos equipos, Cadete Femenino, Infantil Masculino, Alevín Femenino e Benxamín Masculino non xogaron, uns porque lles tocaba descansas e outros aplazaronse o non poder vir xogar o Grove.
Saúdos a todos e ¡¡¡ BO NADAL !!! e ¡¡¡ FELICES FESTAS !!! e que nos toque a lotería un ano máis, que o 14995 reparta moitas alegrías.
No hay comentarios:
Publicar un comentario