Este próximo domingo día 29 o equipo Infantil Femenino CB GROVE AMALFI, desprazase a Ourense un ano máis pra participar no Memorial Alejandra González Rodríguez, xogadora do equipo xuvenil. Queremos agradecer unha vez máis o Clube Baloncesto Pabellón que se haxa acordado de nós pra participar en este emocionante evento. Sentimos non poder acudir o Torneo de Reises co equipo Cadete, pero e que o día 5 é unha mala data, máis é un orgullo pra o CB Grove que se acorden para este tipo de eventos onde o ano pasado quedamos subcampiónas, pero o máis importante, foi a gran amizade que compartiron con as outras xogadoras que ainda hoxe perdura.
A saída en autobús é as 8.15h da estación de autobuses e o regreso e o finalizar a entrega de agasallos, as 19.30h. Hora aproximada de chegada sobre as 10 da noite.
No hay comentarios:
Publicar un comentario