Xornada regular dos equipos do Club Baloncesto O Grove onde hai que destacar a derrota do equipo Cadete Femenino que perdeu no seu desprazamento a Pontecesures con varias baixas, entre elas a dos seus adestradores. Derrota do equipo Senior no desu desprazamento pero con boas sensacións de cara o futuro o recuperar a varios xogadores e os Alevins que foron derrotados o estar no grupo dos mellores. As victorias chegaron unha vez máis dos equipos Infantiles e dos Benxamíns.
SENIOR:
CB BAIONA 60 - CB GROVE TURIMARES 32: Iván 4, Yury 3, Fonti, Lobo 8, Junior 5, Kampa 4, Diego, Germán e Oscar 8. Faltaron Mauri, Jacobo e Luís.
Marcadores: 12-4 e 19-4 (31-8 descanso) 14-15 e 15-9 (29-24) Final 60-32
Colexiados Srs. Ortega e Pena. Moi boa arbitraxe.
Nova derrota dos grovenses pero con mellores sensacións en referencia os outros encontros, onde se desprazaban con 5-6 xogadores máximo. A este partido foron 9 e escomenzaron moi frios, acusando a recien estreada pista e non encontrando o ritmo defensivo nin acerto no ataque de ahí ese parcial de 31-8.
Na segunda parte cambiou, xa se aclimataran a pista, colleron o ritmo e xogaron de cara a cara o Baiona sendo máis igualada.
INFANTIL FEMENINO:
MECO TAPERÍA ALDARA 29 - CB GROVE AMALFI 53: Thais 4, Uxía 2, Mara 18, Ana 6, María 4, Arantxa 17, Vanessa, Sabela, Irene, Ainoa e Olgui 2.
Marcadores: 4-14 e 14-13 (18-27 descanso) 2-16 e 9-10 (11-26) Final 29-53.
Árbitro Sr. Solla. Ben.
Victoria clara do CB Grove que no primeiro cuarto xa gañaba de 10 ptos. para no segundo, as locais, apretar o marcador aproveitando o descanso das xogadores do CB Grove. O inicio da segunda parte e tras a conversa táctica no vestiario do seu adestrador, o CB Grove saiu a sentenciar o encontro con unha gran defensa, endosandoñe un parcial de 2-16 o final do terceiro cuarto e acadando unha vantaxe de 23 ptos o que motivou que no último cuarto xogaron moitos minutos as novas xogadoras e as alevíns.
Gran partido das xogadoras que máis da mitade escomenzaron a adestrar fai un ano pero foron moi ben dirixidas pola capitana Mara, que anotou 18 puntos e secundada pola alevín Arantxa, 17 ptos. Este equipo segue invicta e con moitas posibilidades de meterse na fase final.
CADETE FEMENINO:
RIO ULLA 66 - CB GROVE AMALFI 35.
Non dispoñemos de información, pero as xogadoras grovenses fixeron o pior partido da temporada e así mesmo, a lesión de Eva mermou moito o seu potencial. Foron dirixidas por Jose o non poder desprazarse os adestradores titulares Kampa e Manolo por ter outros compromisos i estaban un pouco desorientadas. É a primeira derrota e intentaran recuperala no partido de volta.
INFANTIL MASCULINO
CB VILAGARCÍA BLANCO 15 - CB GROVE TURIMARES 95: Rodrigo, Walli 1, Alberto, Xoan 4, Loisiño 24, Alvaro 36, Raúl,Lucas, Brais, Xabi 24 e Noel 6.
Marcadores: 1-26 e 2-26 (3-52 descanso) 4-23 e 8-20 (12-43) Final 15-95.
Árbitros Srs. Escaríz e Garrido. Ben.
Nova victoria dos grovenses que dominaron o encontro dende o incio o que fixo que xogaran durante moitos minutos na segunda parte varios alevíns o querer o seu adestrador Eric, que se vaian acoplando de cara a próximos compromisos máis fuertes.
MINI MASCULINO:
MARIN P GALEGO "A" 63 - CB GROVE TURIMARES 12: Pedro, Nacho, Adrián, Alberto, Lois, Noel, Xoan, Lucas, Pablo Caneda, Eric e Martín.
Marcadores: 20-4, 17-0, 10-8, 13-0 e 9-0 (63-12 final)
Superioridade marinense sobre os xovenes xogadores grovenses que nada poideron facer ante o Peixe, un dos favoritos a gañar a Liga.
MINI FEMENINO:
CB GROVE AMALFI 2 - CB VILAGARCÍA 53: Dafne, Uxía, Stephanny, Nati, Natalia, Lucía, Irene, Nerea, Alejandra, Ana, Antía e Alba.
Marcadores: 0-21, 0-14 e 2-18 ( 2-53 final)
Derrota das grovenses que notaron en falta a Arantxa e as lesións de Uxía e Irene ante o potente equipo de Vilagarcía que foron superiores dende o incio.
PREMINI MASCULINO:
MARIN P GALEGO "A" 38 - CB GROVE TURIMARES 59: Pedrito, Nacho, Diego, Xabi, Adrián, Jesus, Pablo, Xulio, Alvaro e David.
Marcadores: 2-14, 3-6, 4-13, 6-8, 6-18 e 15-0. (38-59 final)
Gran partido dos xogadores grovenses que dominaron todolos cuartos execepto o último o poñer en pista os xogadores que escomenzaron este ano para que se vaian adaptando a competición. Temos moitas esperanzas postas no futuro de este equipo.
PREMINI MIXTO
MARIN P GALEGO "B" 11 - CB GROVE AMALFI 54: David, Iván, Jose, Alba, Nati, Stephanny, Lucía, Carmen,, Inés, Joshu, Xabi e Mateo.
Marcadores: 0-10, 4-6, 1-12, 4-13, 0-4 e 2-9 (11-54 final)
Nova victoria no dobre enfrentamento entre o Peixe e O Grove onde a Escola dos grovenses foi moi superior a do Peixe. Da gusto ver xogar a estos nenos que se estan iniciando no deporte da canasta onde teñen moi claro os conceptos do xogo, tanto de un equipo como do outro, pero moito máis maravilloso, e ver os pais dos dous equipos animar e aplaudir indistintamente as canastras e esforzo dos nen@s.
Dende o CB Grove queremos aplaudir o comportamento da afición do Peixe. Grazas.
¡¡¡¡¡ FORÇA GROVE !!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario