jueves, 21 de noviembre de 2013

HORARIOS XORNADA 23-24/11/2013

Estos son os hararios dos partidos dos equipos do Clube Baloncesto O Grove:
SENIOR 2ª DIVISION LIGA GALEGA
CB GROVE TURIMARES - O MECO
Sábado día 23 ás 16h - PAVILLÓN MONTE DA VILA.
Derby local que se presenta moi igualado con unha pequena vantaxe dos visitantes o ter o CB Grove varias baixas como ven de ser a tónica dos últimos encontros. Confiamos en ver un bo encontro e que a victoria sexa dos locais.
CADETE FEMENINO 2ª DIVISIÓN LIGA GALEGA
CB GROVE AMALFI - XUVEN CAMBADOS
Sábado día 23 ás 18h - PAVILLÓN MONTE DA VILA
As grovenses xoganse moito en este partido despois de haber sofrido a primeira derrota no seu desprazamento a Pontecesures. O Xuven esta no segundo posto coas mesmas derrotas co CB Grove e o que gañe dara un salto na clasificación e confiamos en que sexan as nosas xogadoras.
INFANTIL FEMENINO 2ª DIVISIÓN LIGA GALEGA
CB GROVE AMALFI - ARXIL "C"
Domingo 24 ás 17h - PAVILLÓN CONMENIÑO
Partido que se presenta moi igualado o estar os dous equipos invictos e que o final loitaran polos primeiros postos da clasificación. As grovenses estan moi motivadas e confian en gañar.
INFANTIL MASCULINO 2ª DIVISIÒN LIGA GALEGA
CB GROVE TURIMARES - XUVEN PROMESAS CAMBADOS
Domingo día 24 as 19h PAVILLÓN CONMENIÑO
Os xogadores grovenses non deberían ter problemas e conquerir a victoria por un amplo marxen de puntos e acadar así a 5ª victoria consecutiva. Partido para que os novos xogadores teñan moitos minutos.
ALEVÍN FEMENINO 2ª DIVISIÓN LIGA GALEGA
MARIN PEIXE GALEGO "A" - CB GROVE AMALFI
Sábado día 23 as 16h - PAVILLÓN DA RAÑA EN MARIN
Segundo partido das grovenses que teñen un rival moi forte enfrente. As grovenses van moi ilusionadas en lograr a victoria despois da derrota sofrida o pasado fin de semana na casa.
ALEVÍN MASCULINO 2ª DIVISIÓN LIGA GALEGA
CB GROVE TURIMARES - SIGALTEC BBC 2002
Sábdo día 23 as 12h - PAVILLÓN MONTE DA VILA
Os grovenses despois de iniciar a Liga con derrota no seu desprazamento a Marín, teñen a oportunidade de lograr a victoria na casa e así mostrar o seu potencial a pesares de ser un equipo moi xoven, pois son todos de primeiro ano con varios benxamíns.
BENXAMÍNS DOBRE XORNADA 2ª DIVISIÓN LIGA GALEGA
CB GROVE TURIMARES - SIGALTEC BBC 2004
Sábado día 23 as 10h - PAVILLÓN MONTE DA VILA Pista 1
CB GROVE AMALFI - SIGALTEC BBC 2005
Sábado día 23 as 10h - PAVILLÓN MONTE DA VILA Pista 2.
Dobre confrontación onde os grovenses amosaran o seu potencial ante unha das escolas máis fortes da Delegación. Os xogador@s do CB Grove queren seguir coa racha de victorias y confiamos en que así sexa  segan invictos.
Imos todos o Pavillón a animar os nosos xogadores. ¡¡¡¡¡ FORÇA  GROVE !!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario