jueves, 14 de noviembre de 2013

CB GROVE TURIMARES - CB DORNA (13.11.2013)

No pavillón do Colexio de Conmeniño xogouse o partido aprazado CB Grove Turimares-CB Dorna de categoría Infantil Masculino con victoria clara dos grovenses, 104-2
CB GROVE TURIMARES 104: Raúl, Walli 16, Lois 15, Xoan 2, Alberto, Alvaro 37, Brais 8, Xabi 26, Noel, Lucas e Rodrigo.
CB DORNA 2: Otero, Rey, Dacosta, Vázquez F, Romero e Vázquez E.
Marcadores: 28-0 e 29-0 (descanso 57-0) 21-0 e 26-2 (final 104-2).
O CBG Turimares gañou comodamente o seu partido correspondente a primeira xornada que se había aprazado a petición do Dorna, os grovenses deixaron xogar os voluntariosos xogadores isleños que non se rendiron nunca a pesares da desvantaxa que tiñan e coa mala sorte de lesionarse un xogador.
Destacar a todo o equipo, pero en especial a Alvaro (leva 137 ptos en tres partidos e sen xogar sempre) que esta nun momento de forma extraordinario fruto do traballo que realizan todos baixo a dirección de Eric.
O CBG Turimares esta a demostrar que un dos equipos que vai estar nos postos altos da clasificación e o próximo rival é o CB Vilagarcía Blanco o domingo ás 19h no pavillón da Rúa Castelao.
¡¡¡ FORÇA  GROVE !!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario