jueves, 16 de noviembre de 2017

RESULTADOS DO EQUIPO CADETE FEMENINOCB GROVE AMALFI

CADETE  FEMENINO:
XUVEN  52 - CB GROVE AMALFI 48. Xogaron: Antía, Uxía 9, Natalia 2, Nati, Camila, Arantxa 21, Irene 4, Lucía 10 e Stefy.
Marcadores; 15-9 e 13-11, descanso 28-20, 6-11 e 18-17. Final; 52-48.
Derrota moi axustada no primeiro encontro da Liga, onde os fallos nos condenaron a derrota. Sabemos facelo mellor.
CB GROVE AMALFI 49 - ESTUDIANTES 60. Xogaron: Uxía 2, Arantxa 20, Nati, Antía 12, Lucía 10, Stefy, Natalia 2, Camila e Irene 3.
Marcadores; 12-14 e 11-9, descanso 23-23, 15-8 e 11-29. Final 49-60.
Derrota incomprensible nun partido que tiñamos dominado, onde o cansanzo no último cuarto, o igual que nos pasou en Cambados, o ter tres xogadoras que compiten na Primeira Division co Arxil, nos privou da victoria despois de estar realizando un bó partido a pesares dos fallos. Estamos mellorando pero ainda falta moito para ser o equipo competitivo que somos.
CB GROVE  AMALFI  56 - GIRALDO PINK 26. Xogaron: Uxía 4, Arantxa 22, Antía 15, Nati, Lucía 9, Stefy, Natalia 2, Camila e Irene 4.
Marcadores: 8-3 e 10-5, descanso 17-8, 18-6 e 20-12. Final 56-26.
Victoria merecida ante un rival que peleou ata o último minuto. As nosas xogadoras xa van collendo o ritmo de competición. Esperamos que manteñan esta actitude durante toda a temporada.
MARIN PEIXE GALEGO 57 - CB GROVE AMALFI 53. Xogaron: Uxía 16, Arantxa 24, Antía 7, Nati, Stefy, Natalia 4, Camila e Irene 2.
Marcadores: 12-10 e 11-7, descanso 23-17, 14-16 e 20-20. Final 57-53.
Tivemos moitas opcións de victoria, a falta de 20 segundos tiñamos dous tiros libres para empatar a 54 pero o fallo do segundo tiro provocou que as locais mantiveran a bola ata o final e lanzar un triple que entrou. Estamos contentos co partido realizado a pesares das dúas baixas que tiñamos, pois demos a cara en todo momento.
¡¡¡FORÇA  GROVE!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario