jueves, 16 de noviembre de 2017

INICIO TEMPORADA 2017 - 18

Reactivamos a actividade o estar parada a páxina por problemas o inicio da temporada, nunca é tarde para poder ver as noticias do noso Clube.
Empezamos a Temporada 2017-18 con sete equipos, e a Baby Escola, moita ilusión e uns equipos preparados para competir dignamente e con calidade despois de ter sido a temporada pasada moi bóa en todos los sentidos, pero sobre todo, no aumento da calidade dos nosos xogadores.
Unha vez máis, seguimos coa nosa política de enseñar valores, fundamentos e un estilo de xogo que levamos moitos anos facendo, un baloncesto vistoso, rápido, de calidade, onde non prima a victoria nos equipos base, senón, a súa calidade de cara o futuro, que valoren o compromiso, a entrega, a amizade, valoren o traballlo que se fai con eles, e pedimos os pais, que deixen os adestradores facer o seu traballo e que dende as bancadas apoien os seus fillos, os nosos xogadores, colaboren cos árbitros e den esa imaxen que temos de clube que fomenta a amizade dende fai moitos anos, "O deporte é amizade" e "Primeiro a escola e despois a bola", bases do inicio do CB Grove no ano 1975 e que nos abreu moitas portas, tanto a nivel, rexional, como nacional e internacional.
Grazas a todos.
¡¡¡FORÇA  GROVE!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario