miércoles, 8 de marzo de 2017

RESULTADOS XORNADAS CB OGROVE

Despois do parón de Carnavales os nosos equipos volveron a competir nas distintas categorías con distintos resultados, pero coa satisfación do traballo ben feito a pesares dos numerosos problemas que temos.
O Equipo Cadete Femenino tivo que xogar tres partidos sen apenas poder adestrar acadando unha victoria e duas derrotas moi axustadas.
CADETE FEMENINO:
CB GROVE "AMALFI" 38 - O MECO 45. Xogaron: Uxía 6, Arantxa 12, Olgui, Natalia, Antía 9, Irene 2 e Ari 9.
Marcadores: 4-11 e 11-6, descanso 15-17, 17-17 e 6-11. Final 38-45.
Arbitros Srs. Gil e Cores. 24 faltas sinaladas o CB Grove e 12 as visitantes. Excluídas Uxía e Irene.
Partido moi igualado con alternativas no marcador con mal arranque das nosas xogadoras que soio anotaron 4 puntos no primeiro cuarto o que fixo que tivesemos que realizar un gran esforzo para remontar e foi acusado nos minutos finais xogando soio con 5 xogadoras e duas o borde da exclusión con catro faltas o que non nos permiteu seguir defendendo. Agradecer o gran traballo das nosas xogadoras.
CB GROVE"AMALFI" 33 - RIO ULLA  42. Xogaron: Uxía 3, Arantxa 11, Olgui 1, Antía 16, Irene 2 e Ari.
Marcadores: 1-8 e 13-10, descanso 14-18, 9-12 e 10-12. Final: 33-42.
Árbitros Srs: Escaríz e Penas. Sinalaron 14 faltas o CB Grove e 13 as visitantes. Sen exclusións.
Mal inicio das nosas xogadoras que acusaron moito o partido xogado o día anterior, onde fixeron un gran esforzo para poder competir dignamente, e onde hoxe faltou Natalia e Uxía e Irene estaban con problemas físicos. Un mal inicio de partido novamente, 1-8, lastrou novamente o desenrolo do partido onde cometemos moitas perdas de balón en ataque e fallos en situacións cómodas para anotar, pero podemos estar contentos co seu traballo. É unha vaga que teñamos tantas baixas e non podamos adestrar polo menos dous días todas xuntas, o rendimento sería distinto.
CB GROVE "AMALFI"  55 - O MECO  51. Xogaron: Uxía 12, Arantxa 25, Olgui 2, Antía 11, Irene 4 e Ari 1.
Marcadores: 10-9 e 14-14, descanso 24-23, 16-5 e 15-23.  Final: 55-51.
Árbitros Srs. Abalo e Antelo. Sinalaron 20 faltas o CB Grove e 24 as visitantes. Excluídas Uxía polo CB Grove e Barreiro polas visitantes.
Terceiro partido en oito días para as nosas xogadoras onde amosaron a súa calidade o ter o ritmo de xogo. e gañar un partido moi igualado. A falla de adestramento bó son os partidos seguidos pero o problema e que temos poucas xogadoras e acusan moito o eforzo nos minutos finais e permite o equipo contrario gañar ou acercarse no marcador, que foi o que aconteceu neste. A falta de 4 minutos gañabamos por 48-35, pero o estar en pista con cinco xogadoras e dúas con 4 faltas, non pudemos seguer defendo igual e permiteu o equipo contrario acercarse peligrosamente no marcador. Gran victoria polo modo de logralo e nas condiciós que temos para poder adestrar.
Salma, Stefy, Hiba, Yara, Thais, Natalia, moitas baixas que se acusan o final dos encontros.
INFANTIL MASCULINO:
O equipo reanudou a Liga con victoria cómoda por 67-28 no partido xogado no Monte da Vila novo acabando así a primeira volta invicto. Gañou todolos partidos realizando partidos moi bós, bós e regulares a pesares de que houbo varias baixas en momentos cruciais. Agora empeza a fase de verdade e onde temos que amosar a nosa calidade e xogo de equipo. Vai ser moi complicado acadar o primeiro posto, máis imos loitar cada minuto para conquerilo.
CB GROVE "TURIMARES"  67 - CAB 2003/4  28. Xogaron; Adrián, Alberto 8, Xavi, Xoan 14, Raúl, Lois 22, Guille 8, Lucas 7, Pablo 8 e Isai.
Marcadores: 16-2 e 19-6, descanso 35-8, 16 - 8 e 16 -12. Final: 67-28.
Árbitros Srs.: Gil e Ferro. Sinalaron 10 faltas o CB Grove e 6 os visitantes.
Victoria cómoda que no descanso xa dominaba o CBG "Turimares" por un claro 35-8, o que fixo que xogaran moitos minutos na segunda parte,un quinteto pouco habitual.
MINI FEMENINO: 
Despois do paron de Carnaval, retomamos a competición con numerosas baixas,o que perxudicou moito o equipo, pero as que foron deron a cara en todo momento e competiron como unhas campionas.
CAB 2006 30 - CB GROVE "AMALFI" 27.  Xogaron: Cayetana, Noa, Claudia, Lucía, Lía, María D e Sandra.
Marcadores: 14-2, 2-4 e 5-2, descanso 21-14, 5-2, 0-11 e 9-0.  Final: 30-27.
Árbitro Sr. Loira.
Gran partido o realizado polas nosas xogadoras en Pontevedra que as numerosas baixas fixo que tivesemos que xogar con 4 minis e 3 preminis, as cales deron a cara en todo momento. Calidade, traballo, sacrificio, esforzo, todo o que un adestrador pide as súas xogadoras, veuse neste partido. Grazas rapazas.
PREMINI  FEMENINO:
O equipo desprazouse a Illa d´'Arousa onde os pais puderon disfrutar de un bó partido, moi igualado e onde as máis cativas nos amosan a súa melloría. O adestrador Kampa non buscou a victoria, senón o xogo colectivo que a larga e o que nos vai facer máis fortes e mellores.
CB DORNA 42 - CB GROVE "TAPERÍA ALDARA" 41. Xogaron: Cayetana, Mar, Claudia, Marta, Xiana, Jimena, Sofía, Sabela, Icía, Zaira e Sandra.
Marcadores: 4-9, 9-0 e 4-7, descanso 17-16, 2-13, 16-0 e 7-12. Final: 42-41.
Árbitro Sr. Cores, JM
Gran partido do equipo que cada día fanno millor, non buscamos a victoria, queremos que xoguen en equipo, que aprendan conceptos e defendan fuerte, e todo esto estamos a conseguilo partido a partido.
PREMINI MASCULINO:
Xogaron non Pavillón Novo Monte da Vila gañando o partido realizando un xogo colectivo diante de un equipo moi peleón, todas nenas, e a superioridade física notase, foi un erro aceptar o xogar todos mezclados, pois así a diferencia e moito maior.
CB GROVE "TURIMARES"  61 - XUVEN FEMENINO  29. Xogaron: David, Mauro, Raúl, Matías, Niko, Nasir, Daniel C, Daniel B e Iago.
Marcadores: 15-2, 11-2 e 8-3, descanso 34-7, 6-12, 10-2 e 10-8.  Final: 61-29.
Árbitro Sr. Rey, N.
Bó partido o presenciado o domingo, cada día mellor e progresando, os novos vanse adaptando perfectamente e temos o futuro garantido con esta xeneración.
¡¡¡ FORÇA  GROVE!!!
 


No hay comentarios:

Publicar un comentario