martes, 21 de febrero de 2017

RESULTADOS XORNADA 18-19/Febreiro/2017

Os resultados non acompañaron este fin de semana os nosos equipos. Unha victoria e tres derrotas. O equipo Cadete Femenino, CB Grove "Amalfi" perdeu no seu desprazamento ante o Arxil, por un claron 51-23. As nosas xogadoras non tiveron o día o estar falta de ritmo. levan sen adestrar 21 días todas xuntas e eso notase no encontro. 30 perdas de balón que propiciaaban canastas fáciles do Arxil, 15 fallos en entrada a canasta, moita diferencia de faltas entre os dous equipos, 4 as locais e 15 o  CB Grove que foron 20 tiros libres, así como a gran presión que fixeron sobre Arantxa, a cal non esta atravesando un bó momento, 5 ptos cando o normal son 20 ptos por partido,  pero eso non empaña o mal arranque de partido, 20-4 no primeiro cuarto que xa lastrou o resto de cuartos, 31-19, as cales no último cuarto o ir solo con 7 xogadoras, acusaron o cansanzo, as lesións merman o noso potencial, esperamos que se recuperen para poder afrontar a Copa Arousana en plenas condicións.
O equipo CB Grove "Turimares" segue dominando a Competición Infantil o gañar en Pontevedra con un claro 0-50 o Blosson Estudiantes, dando moitos minutos o quinteto que menos minutos xogan, Raúl, Xavi, Isai, Adrián, que os aproveitaron moi ben, sempre axudados por Lois, Xoan, Lucas e Pablo, tendo a baixa de Alberto, xogador que marca o ritmo do equipo, por gripe. Os grovenses deixaron xogar para poder ver un partido entretido a pesares do resultado, onde os pontevedreses puxeron todo o esforzo en lograr unha canasta e nunca se rendiron pelexando ata o final.
O Mini Femenino, perdeu na casa ante o Dorna por 5-56, cicais o pior partido da temporada. O ter 15 xogadoras e dispor de 12 para xogar ante equipos que teñen 8 ou 9, fai que baixe o noso potencial o dar minutos a todas que é o que nos interesa de cara o futuro, este equipo vainos dar moitas alegrías e cando dispoñamos de máis tempo para adestrar a este equipo sen ter que compartir pista cos dous equipos benxamíns e o Alevín Masculino, o seu progreso sera moi grande. Sentir a lesión de Julia no inicio do segundo cuarto e esperamos pola pronto recuperación de María Ucero que leva un mes con rotura de brazo.
O Premini Femenino, perdeu ante o Extrugasa Rio Ulla por 22-50, as nosas xogadoras fixeron un gran partido, teñen un gran futuro, empezaron moi ben o encontro, pero en cando xogan contra nenos, notase a maior envergadura física, e tamén o cansanzo de Marta e Cayetana que habían xogado antes co equipo Mini, e así mesmo, a profundidade de banquillo, temos 15 xogadoras e levamos 12, o que fai que os cuartetos se descompensen ante un rival que ten 8 xogadores e manten sempre un nivel alto, pero bendito problema, porque da gusto velas progresar e son o futuro do CB Grove.
CADETE FEMENINO:
CB ARXIL "C" 51 - CB GROVE "AMALFI"  23. Xogaron: Uxía 2, Olgui 2, Arantxa 5, Antía 10, Natalia, Irene 2 e Ariadna 2.
Marcadores: 20-4 e 6-9, descanso 26-13, 7-4 e 18-6. Final: 51-23.
INFANTIL MASCULINO:
BLOSSON ESTUDIANTES  0 - CB GROVE "TURIMARES"  50.  Xogaron: Adrian 2, Xavi, Xoan 6, Raúl 2, Lois 16, Guille 12, Lucas 2, Pablo 8 e Isai 2.
Marcadores: 0-26 e 0-16, descanso 0-42, 0-8. Final: 0-50.
MINI FEMENINO:
CB GROVE "PAN DE MILLO"  5 - CB DORNA  56.  Xogaron: Cayetana, Noa, Xiana, Luci, Sandra, Lucía, María Doval, Julia, Zaira, Clara, Claudia e Lía. 
Marcadores: 4-8, 0-10 e 0-10, descanso 4-28, 1-12 e 0-16. Final 5-56.
PREMINI FEMENINO:
CB GROVE "TURIMARES"  22- EXTRUGASA RIO ULLA  50. Xogaron: Caludia, Mar, Marta, Sandra, Cayetana, Xiana, Icía, Sabela, Jimena, Sofía, Zaira e Cris.
Marcadores: 6-8, 8-2 e 0-18, descanso 14-28, 2-4, 2-10 e 4-8. Final:  22-50.
Para a próxima xornada de Carnaval solo teñen partido as Cadetes e o Infantil Masculino, xa pondremos os horarios mañá mércores.
¡¡¡FORÇA  GROVE!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario