martes, 14 de febrero de 2017

RESULTADOS XORNADA 4,5,11 E 12/Febreiro/2017

Dous fins de semana completos dos nosos equipos con victorias e derrotas, pero o máis importante é o progreso que estan tendo de cara o futuro en todolos aspectos. A súa melloría e moi grande e iso que os adestramentos non son os mellores o non poder adestrar todos. Sempre falla alguén por mortivos de actividades extraescolares ou saúde, moita gripe este ano.
As cadetes do CB Grove "Amalfi" gañaron en Pontevedra o sempre dificil CB Arxil por 16-50, onde o máis importante son as baixas que temos últimamente, soio 6 xogadoras que o deron todo, tanto en defensa como en ataque. O partido contra o Meco foi aplazado a petición súa o non poder contar co seu adestrador.
O equipo Infantil Masculino, CB Grove "Turimares", gañou os dous partidos e segue invicto. Gañaron en Pontevedra o CAB 2003 por 41-54, onde as baixas tamén foron moi notorias, soio 6 xogadores, a gripe e o temporal, varios pais didicían que non se arriscaban, podía pasar algo e con moita razón, non entendemos que a Fegaba non aplazara a xornada coa cantidade de alarmas que tiñamos.
Tamén gañaron na casa este pasado fin de semana o Marín Peixe Galego, por 51-35, un partido bastante malo no tono defensivo e regular en ataque con moitas perdas de balón que non foron aproveitadas polos visitantes.
O Mini Femenino, CB Grove "Pan de Millo", gañou na casa o  CB Arxil por 47-12, un gran partido onde a cas nosas xogadoras se impuxeron a un equipo moi xoven o igual co noso, que contamos con dúas preminis para completar polas numeras baixas.
O equipo Premini Femenino,CB Grove Tapería Aldara, perdeu en Pontevedra ante o Estudiantes por un claro 67-16, onde o maior poderío físico dos pontevedreses, nenos e grandes, impuxeron a súa altura, pero non nos superaron en calidade, fundamentos e xogo en equipo que é o que vale de cara o futuro. Grandes "pitufinas gherrilleiras".
O Premini Masculino, CB Grove "Turimares" gañou en Vilagarcía o líder, Sigaltec Timberwolves, por 32-43, onde os nosos xogadores se contaxiaron do xogo embarullado do equipo rival durante os primeiros cuartos para despois, xogar con calma e claridade para impoñer o seu xogo.
No segundo partido, perderon na casa ante o Sigaltec Wings por un axustado 42-47,  despois de facer un gran partido que de xogar todos o último cuarto, gañarían o encontro, pero nos búscamos que todos xoguen e non deixar no banco xogadores con poucos minutos. Somos equipo e queremos que todos progresen.
Agora os minis e preminis que finalizaron a terceira fase, estamos a espera do sorteo da cuarta fase para ver contra quen xogamos.
RESULTADOS:
CADETE FEMENINO: 
CB ARXIL "B"  16 - CB GROVE "AMALFI"  50. Xogaron: Uxía 1, Olgui 8, Arantxa 25, Antía 14, Ari 2 e Irene.
Marcadores: 3-10 e 5-15, descanso 8-25, 3-10 e 5-15. Final 16-50.
INFANTIL MASCULINO:  
CAB 2003 41 - CB GROVE "TURIMARES"  54. Xogaron: Xoan 14, Isai, Lucas 6, Pablo 9, Lois 25, Raúl e Xavi.
Marcadores: 7-11 e 9-16, descanso 16-27, 14-13 e 11-14. Final 41-54.
Destacar a Xaon que se levantou da cama para xogar despois de pasar unha gripe moi forte e case sen poder andar, axudounos a seguer invictos, así como todo o esforzo do equipo o ter moitas baixas.
CB GROVE "TURIMARES" 51 - MARIN PEIXE GALEGO 35. Xogaron: Alberto 2, Xoan 9, Lois 24, Guille 45, Lucas, Pablo 10 e Raúl 2.
Marcadores: 9-9 e 16-10, descanso 25-19, 6-5 e 20-11.  Final 51-35.
MINI FEMENINO: 
CB GROVE "Pan de Millo" 47 - CB ARXIL "D" 12. Xogaron: Cayetana, Sandra, Lía, Julia, Andrea, Clara, Lucía, Luci, María Doval, Claudia e Zaira.
Marcadores: 10-0, 6-0 e 7-2, descanso 23-2, 10-4, 4-2 e 12-4. Final 47-12.
PREMINI FEMENINO:
ESTUDIANTES XUNQUEIRA  67 - CB GROVE "Tapería Aldara" 16. Xogaron: Claudia, Mar, Marta, Sofía, Cayetana, Jimena, Zaira, Icía e Xiana.
Marcadores: 14-6, 30-10, 49-10, descanso, 63-16 e 67-16.
PREMINI MASCULINO:
SIGALTEC TIMBERWOLVES 32 -  CB GROVE "Turimares"  43. Xogaron: David 24, Mauro 4, Raúl 11, Matías 2, Daniel Callón, Daniel Blanco 6 e Iago 2.
Marcadores: 5-11, 9-21, 11-26, descasnso, 24-32, 27-36 e 32-43.
CB GROVE "Turimares" 42 - SIGALTEC WINGS  47. Xogaron: David 17, Mauro 3, Raúl 10, Iago 2, Brais, Daniel Callón, Matías, Anxo e Daniel Blanco 10.
Marcadores: 8-2, 1-15 e 9-6, descanso 18-23, 6-10, 8-12 e 10-6.Final 42-47.
Podemos estar orgullosos dos nosos xogadores que en cada partido nos amosan a súa calidade e saber xogar sen pegar, sen facer pasos, dobles a pesares de levar pouco tempo.
¡¡¡FORÇA GROVE!!!





No hay comentarios:

Publicar un comentario