lunes, 6 de febrero de 2017

RESULTADOS XORNADA 4-5/Febreiro/2017

Bó fin de semana de todolos equipos , as derrotas superon a victorias pola forma de desenrolarse o partido é as victorias por contar con moitas baixas e sacar os partidos dignamente.
As cadetes do CB Grove Amalfi, gañaron na sempre difícil pista de Maxisterio o Arxil por un claro 16-50, onde as nosas xogadores amosaron a súa calidade e sacrificio o estar soamente 6 xogadoras. Por eso son as nosas "gherrilleiras".
CB ARXIL "B"  16 - CB GROVE "AMALFI" 50. Xogaron: Uxía 1, Arantxa 25, Olgui 8, Antía 14, Ari 2 e Irene. Faltaron Natalia, Hiba, Yara, Salma, Stefi e Thais.
Marcadores: 3-10 e 5-15, (descanso 8-25) 3-10 e 5-15. Final 16-50.
Os infantiles do CB Grove "Turimares" tamén gañaron en Pontevedra no pavillón Principe Felipe o CAB 03 por 41-54, dominando os catro cuartos. As baixas de xogadores importantes do equipo; Alberto, Guille, Adrián, foi moi ben cuberta polos seus compañeiros, e destacar o sacrificio de Xoan, que despois de estar na cama toda a semana, foi xogar e mantivose no campo con moitos dolores para axudar o equipo.
CAB 2003  41 - CB GROVE "TURIMARES"  54. Xogaron: Xoan 14, Lucas 4, Pablo 9, Lois 25, Xavi, Raúl e Isai.
Marcadores: 7-11 e 9-16, (descanso 16-27) 14-13 e 11-14. Final: 41-54.
O equipo Mini Femenino, CB Grove "Pan de Millo", gañou no Monte da Vila o CB Arxil, por un claro 47-12, dominando o encontro en todo momento. As nosas xogadoras cada día vanse acoplando mellor e o seu xogo xa se vai parecendo o obxetivo marcado o inicio da temporada. Destacar o gran partido das preminis Sandra e Cayetana, que son sempre ben recibidas polas súas compañeiras, así como  o traballo de todo o equipo. Faltaron María Ucero, Luci e Noa, que estan lesionadas.
CB GROVE "PAN DE MILLO"  47 - CB ARXIL  12Xogaron: Andrea, Claudia, Cayetana, Lucía, Lía, Afrika, Zaira, Sandra, María Doval, Julia e Clara.
Marcadores: 10-0, 5-0, 7-2, (descanso 22-2) 10-4, 4-2 e 12-4. Final: 47-12.
As pitufinas do CB Grove "Tapería Aldara" non puderon facer nada ante o Estudiantes de Pontevedra, equipo formado todo por nenos moito máis altos e rápidos, os cales se impuxeron por 67-16, case todas as canastas logradas por roubos e contrataques e por altura. Nós estamos contentos porque os 16 puntos foron todos moi elaborados polo equipo, con moita calidade e fundamentos, que é o que nos vale de cara o futuro, que as nosas xogadoras xoguen sen medo ante equipos superiores, compitan e vaian mellorando, e eso estamos a conseguilo. Grazas rapazas.
ESTUDIANTES  67 - CB GROVE "TAPERÍA ALDARA" 16.  Xogaron: Cayetana, Mar, Sofía, Sabela, Claudia, Marta, Icía, Jimena, Xiana e Zaira.
Marcadores; 14-6, 30-10, 49-10, 63-16 e 67-16. Final.
Os jabatos do CB Grove "Turimares" perderon no Monte da Vila ante o Sigaltec Wings por un axustado 42-47, pero o máis importante é que se veu un gran partido, pudose disfrutar do Baloncesto puro, e os xogadores portaronse moi correctamente, agradecer o adestrador do Sigaltec, Sr. González E, que arbitrara e nos axudara a sacar o partido adiente o estar enfermos ou en outro partido as persoas que o podían facer.
CB GROVE "TURIMARES" 42  - SIGALTEC WINGS 47. Xogaron: David, Raúl, Mauro, Daniel Callón, Daniel Blanco, Matías, Anxo, Iago e Brais. 
Marcadores: 8-2, 1-15, 9-6. (descanso  18-23) 6-10, 10-2 e 8-12. Final: 42-47.
Foi unha alegría poder contar con Anxo que non podía xogar e xa está recuperado e lamentar que Niko non pudera xogar por unha fisura nun dedo, pero estivo no banquillo con os seus compañiros para animalos e xogar si fixera falta con unha man sola. Bravo Campión!!!
Para a semana máis e mellor. 
¡¡¡FORÇA  GROVE!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario