miércoles, 18 de enero de 2017

RESULTADOS XORNADA 14-15/01/2017

Empezamos o novo ano con bó pé a pesares das numerosas baixas por gripe. Catro victorias e unha derrota é o balance da xornada.
O equipo Cadete femenino CB Grove "Amalfi" gañou no seu desprazamento a Illa d'Arousa o Dorna por un axustado 43-44 o desprazarnos soio con cinco xogadoras e xogar os últimos 4 minutos con 4. Fixeron un gran partido e sempre tiveron o encontro dominado e a  base de sacrificio puderonno sacar adiante nos últimos minutos. Moi ben gherrilleiras.
CB DORNA 43 - CB GROVE "AMALFI" 44. Xogaron: Olgui, Arantxa, Antía, Ari e Irene.
O equipo Infantil masculino do CB Grove "Turimares" desprazouse a Cambados e gañou o Xuven por un claro 18-62 a pesares de facer un partido regular. No primeiro cuarto xa tiñan o partido controlado, 0-16 o que era moi dificil manter a concentración o ser superiores. Este equipo o día que se den conta que teñen que defender máis, sera moi dificil de batir. Seguen sen coñecer a derrota e van dereitos a fase final.
XUVEN 18 - CB GROVE "TURIMARES" 62. Xogaron: Xoan 12, Raúl, Xavi 2, Adrián 2, Alberto 4, Guille 2, Lois 24, Pablo 2, Lucas 14 e Anxo.
Marcadoes: 0-16 e 8-14, descanso 8-30, 7-16 e 3-16. Final 18-62.
O Mini Femenino, CB Grove "Pan de Millo" perdeu na Illa d'Arousa ante o Dorna por un axustado 26-26, partido marcado polas numerosas baixas que tiñamos pola gripe, 7 xogadoras que fixeron o millor partido, intensidade, defensa, sacrificio, calidade, todo o que un adestrador lles pide os seus xogador@s, eso é moito máis importante ca victoria. Son todas de primeiro ano e con traballo como amosan día a día, os resultados acompañarannas.
CB DORNA 28 - CB GROVE "PAN DE MILLO" 26. Xogaron: Lucía, Sandra, Clara, Julia, María Ucero e Claudia Blanco.
Marcadores: 00-0, 2-6 e 2-7, descanso 4-13, 14-10, 0-8 e 10-1. Final 28-26.
Nada que obxetar o partido feito polas nosas "gherrilleiriñas", as cales dominaron o encontro, pero un último cuarto onde non nos acompañou a sorte en tiros fáciles, deixounas sen recompensa, pero podemos estar orgullosos da súa entrega. Grazas rapazas.
O equipo premini masculino, CB Grove "El Crisol" tamén se desprazou a Illa d'Arousa para enfrentarse o Dorna o cal dominou dende o primeiro cuarto e logrou a victoria con un claro 18-45. No descanso os grovenses xa tiñan o partido controlado, 4-30, para na segunda parte xogar xa con calma e dar minutos os que empezaron este ano.
CB DORNA 18 - CB GROVE "EL CRISOL" 45. Xogaron: Ian, David, Raúl, Mauro, Daniel Callón, Daniel Blanco e Iago.
Marcadores: 0-12, 2-6 e 2-12, descanso 4-30, 4-8, 4-7 e 6-0. Final: 18-45
O equipo premini femenino do CB Grove "Tapería Aldara" perdeu nun axustado 31-34 ante o Cab 2008-9, todos masculinos, o facer un 5º cuarto moi malo, onde non meteron canasta, 0-16 foi o parcial, despois de ter feito un gran partido para no último cuarto non ser capaces de manter o mesmo nivle de xogo co inicio o amosar moito cansanzo, pero debemos estar moi orgullosos do traballo que estan a realizar estas xogadoras que levan pouco tempo xogando o baloncesto pero que amosan unha entrega e unha calidade de admirar.
CB GROVE "TAPERÍA ALDARA"  31 - CAB 2008-9  34. Xogaron: Cayetana, Mar, Claudia, Zaira, Marta, Icía, Sabela, Jimena, Sandra e Sofía.
Marcadores: 13-2, 2-0 e 8-7, Descanso 23-9, 6-2, 0-16 e 2-7. Final: 31-34
O próximo fin de semana podremos volver a disfrutar de estas campionas que cada día fanno mellor.
¡¡¡FORÇA  GROVE!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario