sábado, 24 de diciembre de 2016

RESULTADOS CB GROVE

Os equipos do Clube Baloncesto OGrove tiveron moi bós resultados estes fin de semana pasados, os cales non se puderon publicar por fallos no ordenador.
O equipo Cadete Femenino, CB Grove "Amalfi" tuvo dobre xornada, perdeu na casa do Meco por un axustado 43-39, tras unha primeira parte moi mala das nosas xogadoras que saen moi nervosas o campo e non encontran o xogo que saben facer, o descanso perdían 26-15, de once puntos que remontamos na segunda parte pero que nos dosu últimos minutos non acadamos o obxetivo. O que non é normal é que todos os componentes arbitrais, mesa e árbitros sexan xogadores do equipo contrario os cales se ven moi presionados polos adestradores, pais e directivos comentendo fallos imperdonables deixandose levar por estos.
Ante o Sigaltec, o CB Grove "Amalfi" fixo un gran partido gañando na casa por un claro 51-37, este equipo cando conta con todolos componentes e xogan tranquilas fanno moi ben. Esta victoria acercanos os postos altos da clasificación y confiamos que tras as navidades sigamos na liña ascendente.
O Equipo Infantil Masculino, CB Grove Turimares, segue a dominar o seu grupo con victorias, seguen sen perder partido. O Domingo día 11 gañaron na casa ante o Estudiantes por KO no segundo cuarto, 54-3 e na súa visita a Pontevedra, gañaron o CAB 2003/4, por un claro 27-41, no descanso xa tiñan o partido controlado,8-25, fixeron un mal partido, cicais o pior do que levamos de Temporada. Estas navidades adestraremos para mellorar sempre que as notas sexan boas, senón xa sabemos, castigados sen Baloncesto, o que creemos que é un decisión errónea, hai outras medidas, o deporte é esencial para o desanrolo dos nen@s.
As "gherrilleiras" do Mini Femenenino, CB Grove "Pan de Millo", gañaron o CB Arxil"D", por 52-17, notandose que cada día xogan millor. Este equipo ten moito futuro pois son todas do 2006 e estan a traballar como facía tempo que non via nos outros equipos, pero esto non pudo ser ante o CAB de Pontevedra, perdendo no Pavillón Monte da Vila por un claro 26-48, tras unha primeira parte moi igualada, 18-24, pero no último cuarto, a maior experiencia das visitantes impuxose as noxas xogadoras.
As pitufinas do Premini Femenino, CB Grove "Tapería Aldara" gañaron os tres partidos amosando unha superioridade moi grande ante os seus rivais.
CB Grove Tapería Aldara 64 - Sigaltec Sparks 24  - CB Grove "Tapería Aldara" 66 - CB Baltar 33  e Meco 8 - CB Grove "Tapería Aldara" 58.
Estan amosando unha gran calidade e superioridade que os rivais non poden parar o gran xogo que estan a facer, e cada día fanno millor e eso que son case todas xogadoras que escomenzaron no mes de outubro con poucas horas para adestrar comparadas coas outras equipas. Confiamos no Nadal en adestrar un pouco máis para mellorar certas cousas para rematar a temporada moi ben e desprazarmos a Portugal os Torneos con calidade.
Os "jabatos" do CB Grove "El Crisol" seguen o mesmo camiño cas "pitufinas" gañando os partidos con superioridade. Gañaron o Estudiantes de Pontevedra por un claro 42-21, faltando algúns dos millores xogadores e o CB Arxil"C" por KO, 14-64 no partido xogado en Pontevedra, 
A Xunta Directiva do Clube Baloncesto OGrove desexa que pasen unhas Boas Festas do Nadal e que o Novo Ano nos traia moita felicidad. Grazas a todos por formar parte de este Clube.
¡¡¡¡FORÇA  GROVE!!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario