lunes, 6 de junio de 2016

FINAL COPA INFANTIL MASCULINO

O domingo día 29 de maio celebrouse no Pavillón Novo Monte da Vila a final da Copa Arousana entre o CB Meco e o CB Grove Turimares con derrota por 45-59.
Os nosos xogadores empezaron moi ben, dominando a primeira parte con vantaxe de 2 puntos o final da mesma despois de ter unha máxima de 12 puntos, con xogo axil, vistoso e unha boa defensa, moi castigada polas personales e onde os nervos foron os que ataron e nublaron as ideas a pesares do traballo de Eric por tranquilizalos.
Tras o descanso cambiou todo, soio se pitaron 3 faltas o Meco e 13 o CB Grove Turimares, estando os xa apercibidos de exclusión os xogadores máis determinantes do equipo, os cales eran obxeto de numerosas faltas que non eran pitadas, o que sacou do partido os nosos xogadores, encaixando un parcial no terceiro cuarto de 9-21, que xa foi determinante a pesares do gran esforzo de Lois e Mouco que o intentaron pero tiveron pouca axuda dos seus compañeiros, moi nervosos e fora do partido.
Nada que obxetar o traballo, esforzo e entrega do equipo, casi todo él de primeiro ano, que xogan moi ben, con unha gran técnica e con un futuro moi bó por diante e que será reflexado nas próximas temporadas.
Xogaron: Joaquín, Alberto 2, Adrián, Xoan, Mateo, Lois 24, Mouco 13, Xavi, Lucas 4, Pablo, Raúl e Noel
Marcadores: 16-9 e 12-17, descanso 28-26, 9-21 e 8-12. Final 45-59.

No hay comentarios:

Publicar un comentario