lunes, 6 de junio de 2016

DÍA AUTONÓMICO DO MINIBASQUET GALEGO. 4/xUÑO/2016

Un ano máis o Clube Baloncesto Grove foi invitado participar no XIII Día do Minibasquet Galego que se celebra en Santiago de Compostela e organiza El Correo Gallego, onde participan 96 equipos de toda Galiza e máis de 1200 xogadores de idades que van dende os 6 ata os 12 anos. Nos tivemos o privilexio de participar con 4 equipos, un Mini Masculino e un Premini Masculino o CB Grove Turimares, e dous Preminis Femininos, o CB Grove Amalfi e a Baby Escola.
Mini CBG Turimares: Pedrito, Nacho, Adrián, Pablo, Mateo, Xulio, Iván, Xoaquin, Marcos e Jose. Adestradores: Manolo e Eric.
Premini Masculino CBG Turimares: Xoel, David, Mauro, Daniel, Matías, Hugo, Iago, Raúl, Martín e Iván. Adestradores: Xe e Eloy.
Premini Femenino CBG Amalfi: Lucía, Claudia, Stefi, Zaira, Luci, Lía, María Doval, María Ucero, Sandra, Candela, Julia e Gisela. Adestradores: Kampa e Javi
Baby Escola: Mar, Marta, Cris, Claudia, Ainoa, Martina, Andrea, Noa, Icía, Enma, Paula e María. Adestradores: Irene e Yopi.
Esta é unha data marcada o inicio da Tempada polo Club Baloncesto OGrove, pois é a festa do Baloncesto Galego e no que levamos participando dende o seu inicio, ala polos anos oitenta, que despois tivo un paron e agora recolleu a iniciativa o Correo Gallego, e estamos participando sen faltar un ano, dende o seu inicio. Os xogadores e os pais temos un gran día de convivencia, onde os xogador@s o pasan en grande e nós disfrutamos vendos xogar.
O Club Baloncesto OGrove non ten palabras para agradecer os pais e nais que se desprazaron a Santiago, a gran axuda que nos aportan, esto é un traballo de equipo e eles o entenderon perfectamente, por eso queremos agradecer a súa colaboración, os nenos o seu comportamenteo, que un ano máis, e son máis de 30, se comportan maravillosamente, ainda que este ano tivemos un pequeno percance onde a solidadirade de todos fixo que nos sentiramos máis unidos. Grazas "Javieres" e Yopi por estar ahí.
¡¡¡ GRAZAS PAIS E NAIS QUE FORMADES A FAMILIA DO CB OGROVE!!! 
Agora queda o reto do próximo ano, os Torneos de Portugal o cal este ano soio pudemos participar no de Barcelos o coincider o resto con datas moi malas para nós.

No hay comentarios:

Publicar un comentario