Gran fin de semana, non soio polas victorias, senón polo debút de María Doval, Ainoa e Iago as novas incorporacións os equipos de Premini e Baby Escola, teñen un gran futuro como todos os compañeiros.
O equipo Infantil Masculino, CB Grove Turimares, segue no camiño das victorias asegurando o Subcampionato o vencer o Marín Peixe Galego por 43-39 sen facer un gran partido. Pudo máis a calidade dos grovenses, que o esforzo dos marinenses.
CB GROVE TURIMARES 43 - MARIN PEIXE GALEGO 39.
Xogaron: Alberto 6, Adrián, Xoan 7, Mateo, Lois 20, Mouco, Xavi, Raúl, Lucas, Xulio, Pablo e Noel.
Marcadores. 7-12 e 13-6, (descanso 20-18) 7-9 e 16-12. Final 43-39
Partido para dar minutos os que menos tempo levan xogando para afianzarse o ano que ven e poder así alacanzar mellores metas, pois van repetir todos e con un pouco máis de traballo e cabeza, teremos un equipo competitivo o cen por cen. Confiamos en vos chavales.
MINI:
CB GROVE TURIMARES 56 - SIGALTEC "M" 36.
Xogaron; Pedrito 22, Claudia, Nacho 4, Adrián 6, Mateo 2, Lucía 2, Xoel, David 4, Pablo C 16, Inés e Stefi.
Marcadores: 12-4, 8-8 e 10-4, descanso 30-16, 6-11, 8-0 e 12-9. Final 56-36.
Gran partido entre os dous primeiros clasificados da Liga, onde a calidade dos grovenses se impuxo a un equipo máis físico e máis alto, pero menos colectivo que os grovenses que dominaron o partido en todolos cuartos., empezando así con bó pe o camiño hacia a copa despois de finalizar primeiro na Liga. O futuro temolo garantido con este equipo que nos dará moitas alegrías no futuro.
PREMINI:
CB GROVE 22 - CB ARXIL "C" 34:
Xogaron: Matías,Daniel,Damián,Iago,Ainoa,Claudia,Cris,Mar,Marta, María Úcero, Andrea e María Doval.
Marcadores: 2-9, 4-2 e 0-13, descanso 6-24, 8-4, 4-4 e 4-4. Final 22-34.
Hai que soio pensa en gañar e outros pensamos en que disfruten do baloncesto dandonos igual o resultado nestas idades, xa tiñamos o partido perdido o poñer en acta 12 xogadores, pois soio poden xogar 10, norma que non entendemos da FGB, isto non fomenta o Baloncesto entre os nen@s, senón que os alonxa hacia outros deportes. O millor foi o debut de Ainoa, 5 anos, Iago 6 e María 9, que se iniciaciaron fai un mes e o seu rendimento foi espectacular., como asimilaron os conceptos tan rápido para o pouco tempo que levan. Esta Baby Escola, ten un gran futuro e esperamos que siga aumentando. Os pais e familiares disfrutaron de unha tarde maravillosa.
E xa sabedes: ¡¡¡FORÇA GROVE!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario