viernes, 15 de abril de 2016

ACTIVIDADES ATA FINAL DE TEMPORADA,

O Clube Baloncesto O Grove como ven sendo habitual en anos anteriores, foi invitado para participar en varios Torneos Internacionais en Portugal, Barcelos, Castelo Branco, Povoa, Maia e nos nacionais, Día do Peque Basquet, Día Autonómico do Minibasquet e o partido Obradoiro - Unicaja. A continuación detallamos as datas:
 - 1º/ Días 22, 23 e 24 de Abril. Torneo Sub 12 Festa das Cruces en Barcelos - Portugal.
O prezo é de 25€ indo en coches particulares incluindo a dormida e comidas. (Xa confirmado asistencia)
- 2º/Día 17 de Maio, Torneo Peque Basquet en Carballo - Coruña para idades de 5 a 8 anos.
Prezo 10€ indo en autocar incluido comida para xogadores. Avisar antes do 30 de abril
- 3º/ Día 22 de Maio, partido da ACB: OBRADOIRO - UNICAJA, prezo de 10€ para xogadores e 15€ para pais e acompañantes que non sexan do Clube. Entrada e transporte incluído. Avisar antes do 30 de abril.
- 4º/ Día 4 de Xuño, Día do Minibasquet - Santiago. Categorías Sub 8, Sub 10 e Sub 12. Prezo 10€ incluido comidas e trnasporte en autobús. Avisar antes do 30 de abril.
- 5º/ Días 10, 11 e 12 de Xuño, Torneo Internacional CB Maia Categorías Sub 8, Sub 10 e Sub 12. 
- 6º/ Días 18, 19 e 20 de Xuño, Torneo Internacional CB Juvemaia Categoría Sub 16 Femenino.
- 7º/ Días 24,25 e 26 de Xuño, Torneo Internacional CB Juvemaia Categorías Sub 8, Sub 10 e Sub 12
- 8º/ Días 25 - 26 de Xuño,Torneo Internacional de Povoa Categoría Sub 14 Masculino e Sub 16 Femenino
Este ano os Torneos Internacionais de Portugal non podemos asistir por coincidir con datas moi complicadas para poder desprazarmos, pero realmente son importantes para os nosos fillos que aprendar a desenvolverse por si sosiños e relacionarse con outras persoas. Son Torneos moi intesantes e unha gran experiencias para os nen@s.
Intentaremos realizar nós un no Grove os días 28 e 29 de Maio con os nosos amigos portugueses e de León, para as categorías Sub 8, Sub 10, Sub 12 e Sub 14 Masculino e Feminino.
¡¡¡FORÇA  GROVE!!!.

No hay comentarios:

Publicar un comentario