miércoles, 3 de febrero de 2016

RESULTADOS XORNADA 30-31/Xaneiro/2016

Mal fin de semana para os nosos equipos nas distintas competiciós onde as numerosas baixas por lesión nos distintos equipos nos privaron de facer uns bós partidos, xa non falamos da victoria, senón de competir dignamente.
SENIORS:
CB GROVE TURIMARES  32 - ILLA DE AROUSA  64. 
XOGARON: Pablo 9, Alex 4, Germán 6, Jacobo, Kampa, Mauri, Ruben 4, Eric, Samuel e Oscar 9.
Marcadores: 8-15 e 14-23, descanso 22-38, 8-12 (30-50) e 2-14. Final 32-64.
Árbitros Srs. Vidal e Garrido. Sinalaron 25 faltas os locais, 14 e 11, excluindo a Kampa por desconsideración hacia un contrario por haberlle éste tocado as súas partes, e 13 os visitantes, 7 e 6 a pesares da súa dureza no xogo que descolocou os grovenses cando estaban a 2 puntos, 17-19 no segundo cuarto e que provocou o altercado.
O CB Grove foise do partido e primou a sua integridade física a levar un mal golpe que provocara unha lesión como nos ten acontecido en outros encontros ante equipos que soio queren gañar sexa como sexa nin que se xogaran o ascender a NBA pouco menos. O noso equipo participa para para disfrutar do baloncesto con un equipo xoven, 25 anos de media contra outros que superan os 32 onde no se dan conta que un mal golpe pode causar unha lesión grave que o impida traballar durante un período longo, nos xa temos experiencia, nunca son intencionados, pero sempre causan problemas.
CADETE FEMENINO.
CB ARXIL "C" 110 - CB GROVE AMALFI 11. 
Xogaron: Salma, Olgui 6, Natalia, Yara, Ana, Arantxa 2 e Antía 3.
Marcadores: 25-0 e 35-4, descanso 60-4, 24-6 e 26-1.
Árbitros Srs. González e Blanco.
Derrota moi dolorosa do noso equipo que se presentou con moitas baixas de xogadoras importantes ante o líder. O CB Grove sempre destacou pola súa entrega e iso non faltou, pero non foi suficiente para dobregar a un equipo moi forte fisicamente, tiñamos moitas gañas de xogar este encontro para amosar o noso potencial pero non foi posivel, esperemos recuperar a todas as xogadoras despois do paron de Carnaval e volver a empezar de novo a coller o ritmo para na Copa, facer algo importante.
MINI: 
CB GROVE TURIMARES 48 - CB RIO ULLA 36. 
Xogaron: Pedro, Ivan, Mauro, Sandra, Mateo, Raúl, Pablo, Stefí, María, Xulio e Crespo.
Marcadores: 13-4, 15-4 e 00-10, descanso 28-18, 14-4, 0-8 e 6-6. Final 48-36.
Árbitro Sr Garrido.
Victoria clara ante un equipo moi peleón que soio se acercaba no marcador cando estaban en pista os que se iniciaron este ano e que volvía a normalidade o xogar o equipo titular a pesares de faltas algún xogador moi importante do equipo. Gran partido de Pedro e Mateo así como o traballo dos seus compañeiros.
PREMINIS:
CB GROVE TURIMARES 24 - CAB 2006 55: 
Xogaron: Claudia, Lamelas R, Lamelas S, Manuel e  Lía, 
Marcadores: 0-11, 0-12 e 2-14, descanso 2-37, 6-8, 2-6 e 14-4. Final 24-55.
As numerosas baixas privounos de ver un bó partido. Gran esforzo físcico, contentos co seu traballo.
CB GROVE AMALFI  6 - CALDAS CLB  54. 
Xogaron: Mar, Cris, Marta, Claudia, María, Andrea, Noa, Daniel, Mauro e Matías.
Marcadores: 0-10, 0-12 e 0-4, descanso 0-26, 0-10, 6-8 e 0-10. Final: 6-54
A pesares da derrota, o traballo vese día a día, y eso e o premio. Moi ben "peques".
¡¡¡FORÇA GROVE!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario