jueves, 28 de enero de 2016

INVITACIÓS TORNEOS NACIONAIS E INTERNACIONAIS

Un ano máis, o Clube Baloncesto O Grove foi invitado a participar nos torneos Internacionais que se celebran no país veciño de Portugal. O primeiro e para os Sub 12 no Torneo das Cruces en Barcelos onde sempre somos ben acollidos, sería tanto mascullino como femenino.
Temos xa reservado a data do 22 de Maio para presenciar o encontro CB OBRADOIRO-UNICAJA, onde poden ir acompañantes e familiares a presenciar o partido da Liga Endesa, asi como o Día Autonómico do Minibasquet en Santiago.
Estamos a preparar o noso Torneo Internacional de Preminis, Minis e Cadete Femenino onde invitaremos os diversos clubes portugueses cos cales mantemos unha boa relación despois de telo parado un par de anos por falta de apoio do Concello. Agora parece que estan interesados e volveremos a recuperalo.
De todos estos acontecementos deportivos pasaremos documentación para que os pais os poidan estudar e decidir si os seus fillos estan dispostos. Este ano pediremos un anticipo para que non pase como o ano pasado, que todos querían ir e no últimos días non foron causando un grave trastorno económico o Clube e unha imaxen que nunca habiámos dado anteriormente.
Estos torneos son moi interesantes para relacionarnos  e manter lazos de amizade, así temos coñecidos en:
Barcelos, Ponte da Lima, Aveiro, Lisboa, Oporto, Maia, Guimaraes, Gaia, Castelo Branco, etc. A directiva sempre aposta por estos acontecementos.
¡¡¡FORÇA GROVE!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario