martes, 12 de enero de 2016

RESULTADOS XORNADA 9-10/01/2016

Tras participar con gran éxito no Torneo do Nadal HQR que organiza o Diario de Pontevedra o que queremos agradecer a súa invitación e onde os nosos equipos Benxamíns Amalfi e Turimares fixeron un gran papel e o Alevín Masculino compiteu coma ninguén, non perderon partido e as nosas Cadetes de CB Grove Amalfi desprazaronse o día 26 de decembro a Ourense para participar un ano máis no Memorial de Alejandra, levamos participando nas tres edicións, onde fixeron un bó papel a pesares das numerosas baixas, María, Mara, Irene, Yaiza, Dafne, acadaron o terceiro posto, motivado polo cansanzo o non ter recambios, Gañaron a Nigran e perderon co Blanco Amor e CB Pabellón, os dous de Ourense.
E tamén escomenzamos a Temporada despois do parón do nadal, de seis encontros gañaron cinco e  perderon un.
SENIORS:
XUVEN 57: Paz 17, Baúlde 8, Piñeiro D 12, Cousido 2, Pillado 16, Gómez D 2, Gómez S, Oubiña e Rey.
CB GROVE TURIMARES  69: Germán 5, Rubens 12, Kampa 12, Alex 21 e Oscar 19.
Árbitros Srs. Escaríz JM e Rivas D. Ben.  Sinalaron 20 faltas os locais, excluído Piñeiro D, e 19 os visitantes, excluídos Kampa e Oscar.
Marcadores: 08-17 e 17-16 (25-33 descanso) 20-22(45-55) e 12-14 (57-69 final).
Gran victoria do CB Grove Turimares no seu desprazamento a Cambados para enfrentarse o Xuve, onde se presentou con 5 xogadores o ter varios lesionados e outros por estudos e traballo non puderon presentarse.
O millor partido da temporada, con unha defensa zonal moi áxil que os cambadeses non superaban e en defensa non conseguían parar a Alex e Rubens baixo taboleiros nin o tiro exterior de Kampa e Oscar. Os grovenses chegaron os dous últimos minutos con tres xogadores e ainda así, se impuxeron no cuarto por 12-14. Gran victoria que creemos que é o inicio da remontada, pois non era normal que estivesen tan a baixo na clasificación.
CADETE FEMENINO:
CB GROVE AMALFI 48: Salma, Olgui 2, Mara 24, Natalia, Yara, Ana 2, Arantxa 12, Antía 4 e Thais 4.
CLB MARTIS  47: Cochon 1, Ares, Fuenmayor 5, Pérez 9, Villaronga, Sanghen 5, Abalo 3, Caeiro 16, Sánchez, Mollinedo, Montaña 8 e Vicente.
Árbitros Srs. Escaríz JM e Navia. Ben. 16 faltas as locais e 13 as visitantes. Sen excluídos.
Marcadores:10-11 e 13-14 (23-25 descanso) 15-9 (38-34) e 10-13 (48-47 final)
Gran partido do CBG Amalfi que gañou o partido a base de defensa a pesares de ter numerosas baixas moi importantes no equipo. Tras unha primeira parte dominada polas visitantes que chegaron con vantaxe de 2 puntos o descanso, as grovenses sairon coas ideas moi claras tras a conversa mantida no vestiario cos seus adestradores e dominaron a segunda parte 25-22 a pesares dos nervos e falta de tranquilidade nos últimos minutos, onde a falta de 3 gañaban de 11, 46-35, pero as precipitacións no tiro e as perdas do balón polos nervos, fixeron que se acercaran no marcador e dispor do último ataque para gañar a falta de 7 segundos. A victoria foi merecida. Grandes "gherrilleiras".

INFANTIL MASCULINO,:
MARIN PG "B" 45: Blanco D 6, Pazos, García D 1, Blanco B, Aguirre, López 2, Toitiño 2, Gómez A 2, Graña 7, Domínguez, Rodríguez 25 e Soneira.
CB GROVE TURIMARES  66: Pedrito 6, Alberto 4, Raúl, Xoan 7, Mateo, Lois 30, Mouco 7, Joquín, Lucas, Pablo Caneda, Uxío e Noel 12.
Árbitros Srs. Dieguez e Malvar. Ben.
Marcadores: 13-18 e 11-16 (24-34 descanso) 15-19 (39-53) e 6-13(45-66 final).
Gran victoria nun campo moi dificil que coloca os grovenses na segunda posición a falta de dous partidos para rematar a primeira volta. O CBG Turimares dominou o encontro dende o incio pero con un xogo moi irregular o que permitía acercarse os peixiños no marcador, para novamente por medio de Lois, 30 puntos, irse no marcador a diferencias que ian dende os 15 a 20 ptos. Grandes rapaces.
MINI MASCULINO:
CAB2004-05  24: Vales 4, Vidal, Fernández 2, Tomé 2, Domínguez 4, Rey 7, Velasco, Veloso 5 e Casqueiro.
CB GROVE TURIMARES  56: Xoel 4, Stefy, Lucía, Pablo C 8, Mauro C, Manuel 2, Pedrito 29, David 7 e Mateo 6.
Árbitro Sr. Loira. Ben.
Marcadores: 015, 2-13 e 12-2. (14-30 descanso) 2-6, 4-10 e 4-10. (final 24-56)
Nova victoria do CB Grove que segue a dominar a liga, soio que a perda de varios encontros por non presentar as nove liciencias esixidas pola FGB, fixeron que perderan 3 encontdros que habían gañado na pista. A melloría do equipo fai que teñamos moitas esperanzas postas na Copa, que é o obxetivo final.
PREMINIS:
CB GROVE TURIMARES  41: David, Lucía B, Sandra, Raúl, Zaira, Lucía F, Lía, Manuel, Xoel e Claudia.
CLB SIGALTEC "O" 27: Alava I, López A, Alava A, Domínguez L, López A, Rodríguez A, Domínguez A, Mariño N e Abalo M.
Marcadores: 12-6, 11-4 e 2-2, (25-12 descanso) 6-4, 10-0 e 0-17 (final 41-27).
Victoria cómoda onde os nosos xogadores dominaron o encontro dende o inicio o soio no último cuarto o estar en pista os que empezaron este ano, dominou o equipo visitante 0-17. Temos futuro.

CB GROVE AMALFI  12: Cris, Claudia, Marta, Mar, Noa, Andrea, María, Matías, Daniel e Mauro.
O MECO 24: Moraña, Silva F, Allo, Rodríguez, Silva V, Rodríguez, Serantes e Aguiño.
Marcadores: 0-6, 4-0 e 4-2, 0-4, 4-6 e 0-6. Final 12-24.
Victoria visitante ante a nosa Baby escola, dous estilos diferentes de xogo que os nosos pais superon valorar a pesares da derrota. Pra levar 12 adestramentos a melloría e fantástica e como lle dí o entrenador a valoración faise nos meses de Maio e Xuño nos Torneos que disputamos en Portugal. Moi grhandes estos "peques".
¡¡¡ FORÇA GROVE!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario