jueves, 14 de mayo de 2015

RESULTADOS XORNADA 9-10/Abril/2015

¡¡¡ CAMPIÓNS DE COPA O INFANTIL FEMENINO E MINI !!!
Gran xornada para os equipos que seguen en competicións oficiais. Os seniors do CB Grove Turimares perderon na casa ante o Sigaltec por 52-65 nun mal partido dos nosos xogadores que acusaron a longa parada, 28 días sen xogar, para sair sin físico e sin ideas.
As alegrías viñeron dos equipos de Mini, CB Grove Turimares e Infantil feminino, CB Grove Amalfi, campións da Copa Arousana invictos, gañando todolos partidos amosando unha gran calidade no seu xogo.
SENIOR:
CB GROVE TURIMARES  56: Besteiro, Eloy 2, Fonti 3, Pete 15, Germán 3, Kampa, Alex 18, Rubens 7, Yuri 4 e Luís.
SIGALTEC  65: López, 14, María 4,Avilés 4,Frieiro 7, Domínguez, Navia 1, García 8, Mendez 4, García 4 e Rodríguez 19.
Árbitros Srs. López e Abalo. Sin criterio a hora de sinalar as faltas favorecendo o xogo duro dos visitantes. 27 pitadas os locais, excluídos Kampa e Alex, por 15 os visitantes, sen excluídos. 12 faltas de máis que se notaron a hora de defender o CB Grove que tiveron en contra 32 tiros libres. contra 13 a favor. Influiron no resultado e iso non é bó para o deporte.
Marcadores: 11-12 e 12-14, descanso 23-36, 12-16 (35-52) e 17-13.  Final 52-65.
Derrota no último partido da copa ante un rival que soubo xogar as súas armas co beneplácito dos colexiados, os grovenses nunca encontraron o seu xogo, asi mesmo, polo longo parón que tivo a competición. Os grovenses finalizan con dous partidos gañados e dous perdidos producindose un triple empate entre os postos 2º, 3º e 4º, quedando campión o Sta Baia que perdeu un partido e foi ante nós. o CB Grove no primeiro partido da liga, cando ainda estabamos finos.
INFANTIL FEMENINO:
Dobre xornada das nosas xogadoras con dúas victorias.
GIRALDO CB ROYAL  16: Comesaña 1, Del Rio M, Del Rio O 3, Vidal, Otero 5, Vilela 3, Rey, Núñez 2 e Taragunde 2.
CB GROVE AMALFI  50: Uxía 5, Nerea, Ainhoa, Salma 2, Eva, Arantxa 19, Irene 2, Antía, Maria 6, Thais 12 e Olgui 4.
Árbitros Srs. Rivas e Abalo.
Marcadores: 3-14 e 3-13, descanso 6-27, 7-6 (13-33) e 3-17.  Final 16-50.
Gran victoria que as proclamaba xa campionas a fallla de un partido, a lograda en Vilagarcía ante un equipo moi peleón, pero a gran defensa das grovenses que acaban a competición en gran forma, deixaron sen opciós as locais.
CB GROVE AMALFI  56: Eva, Uxía 5, Salma, Ainhoa, Estephy, Arantxa 27, Irene 4, Antía 2, María 6, Thais 2 e Olgui 8.
ESTRUGASA RIO ULLA  10: Gómez, Martínez, Iglesias, Barreiro 4, Moares 4, Villar, Miguéns, Castroagudín e Pardal 4.
Árbitros Srs. López e Abalo.
Marcadores: 10-2 e 20-3, descanso 30-5, 12-4 (32-9) e 14-1.  Final: 56-10.
Gran fin de temporada das "gherrilleiras" do CB Grove que dominaron a copa dende o incio gañando todolos encontros baseados na gran defensa que fixeron indo a máis en cada partido. De ter máis días de adestramento, os logros sería maiores sen dúbida.
Acabar imbatidas, logrando 7 victorias de 7 xogos desputados amosa a súa calidade ante equipos que entrenan o triple, pero o que importa non é a cantidade de horas, senon a calidade das mesmas.
Noraboa Campionas, merecíades máis, pero estamos no bó camiño pra anos sucesivos.
MINIBASQUET:
CB GROVE TURIMARES  71: Uxía 6, Alberto 4, Pedro 4, Xoan 10, Lois 27, Dafne, Noelia 6, Lucas 4, Xulio, Pablo C 10, Ainhoa e Adrián.
SIGALTEC 2003 P 29: Merino, Rodríguez 10, Ibañez, Gómez 4, Gajardo 2, García 3, Aragunde 4, Bouzada, Barreiro 6, González e Portas.
Marcadores: 18-6, 8-8 e 14-5, descanso 30-19, 10-2, 10-4 e 11-4.  Final: 71-29.
Gran partido dos xogadores do CB Grove que derrotaron no último partido por un claro 71-29 o equipo que chegaba como favorito pra lograr a Copa, pero os grovenses facendo unha gran defensa e un ataque rápido desbaratou as opcións que tiñan os visitantes, acadando así a Copa de Campiós sen perder partido.
6 xogados e 6 gañados deixando patente a súa gran calidade. Felicitar a todos pola gran tempada que fixeron indo cada día a máis e non tendo rivais nin na primeira fase da Liga, onde quedaron de primeiros sen perder partido tamén, e na Copa. Ghrandes chavales. Noraboa. 
Xa sabedes ¡¡¡ FORÇA  GROVE !!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario