jueves, 7 de mayo de 2015

PARTIDO OBRADOIRO - UNICAJA

O próximo domingo día 10 desprazamonos a Santiago pra presenciar en directo o encontro da Liga ACB entre o Obradoiro e Unicaja as 12h no Pavillón do Sar. A saída é as 10.00h dende a Estación de Autobuses ser puntuais, estar 15 minutos antes pois temos o tempo moi xusto para estar a 11.30h na porta do pavillón, os que van en coches particulares, teñen que estar tamén as 11.30h na porta principal pra entregar as entradas. Unha selección dos nosos equipos das distintas categorías saldran a pista a facer concursos nos tempos mortos e no descanso xogaran un partido. Serán dous equipos coas cores do Clube, Amarelo e Azuil das categorías Cadete M e F, Infantil M e F e Alevíns M e F. Os acompañantes que leven camisolas de cor amarelo ou azuil, xa sabedes que o Clube tenas co logo a  precio de custe en todalas tallas.
A disfrutar de este evento que poucas veces podemos ver a prezos tan baratos e xa sabedes a animar o Obradoiro. ¡¡¡Força Grove!!!.

No hay comentarios:

Publicar un comentario