miércoles, 7 de enero de 2015

TORNEO NADAL OURENSE

Un ano máis, o equipo Cadete Femenino foi invitado a participar no III Memorial Alejandra González, xogadora do CB Pabellón de Ourense que se ven celebrando no Nadal. As xogadoras grovenses tiñan como rivais o equipo organizador, CB Pabellón, o Seis do Nadal de Vigo e o CB Arxil de Pontevedra.
O CB Grove Amalfi gañou o primeiro partido ante CB Arxil por un axustado 24-22 onde as nosas xogadoras estaban moi frias.
No segundo partido enfrentaronse as locais e perderon por un claro 62-45, tras facer unha primeira parte moi boa, pero o cansanzo o xogar dous partidos seguidos, fixo que na segunda parte se quedaran sen forzas para dominar o encontro o CB Pabellón.
Pola tarde despois de comer, xogaron contra o Seis do Nadal que había gañado o CB Pabellón no primeiro partido por un axustado 28-27, fixeron o mellor partido gañando por 34-20 sen dar opcións os rivais. Esta victoria facía que se puxeran de primeiras a espera do que acontecía no último partido que enfrentaba o Pabellón contra o Arxil, gañaron as locais por máis de 15 puntos que as proclamaba campionas. O máis importante foi a gran convivencia que se viviu entre os compoñentes dos equipos, pero sobre todo, coas do CB Pabellón coas que participaban en todolos xogos, ian de paseio e se animaban entre elas cando xogaban. O CB Grove Amalfi entregou unha placa conmemorativa o Director Deportivo do CB  Pabellón, o amigo Rafa polo Torneio onde sempre somos moi ben recibidos en agradecemento a súa invitación e van xa tres anos.
Xogaron polo CB GROVE AMALFI: Sara, Julia, Jenni, Mara, Alba, Ana, Silvia, Irene, Thais e María, faltando por diversos compromisos Olgui e  Arantxa, o que reforzaría máis o equipo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario