miércoles, 7 de enero de 2015

RESULTADOS DOS EQUIPOS XORNADAS 13-14-20-21/12/2014

O Clube Baloncesto OGrove nas últimas xornadas acadou uns resultados positivos.O equipo Senior CB Grove Turimares gañou na casa o CB El Doce 63-52 en un partido que tras o inicio titubeante dominaron con comodidade gañando o descanso 31-24 para impoñerse o final por 11 puntos de diferencia. Xogaron:
CB GROVE TURIMARES: Besteiro 1, Eloy 3, Fonti, Pete 9, Germán 2, Kampa 11, Alex 19, Rubén 4, Carlos, Jacobo, Luís e Oscar 14.
Marcadores: 15-15 e 16-09, 16-20 e 16-08.
No seu desprazamento a Vilagarcía para enfrentarse o Sigaltec os grovenses gañaron en un partido moi disputado que necesitou de prórroga por 60-64. Foi un partido con grandes defensas e moi intenso onde na prórroga os gronvenses xogaron con máis calma dominando o marcador 10-14. Xogaron:
CB GROVE TURIMARES: Besteiro, Fonti, Pete 10, Germán 8, Kampa 14, Alex 22, Rubén 8 e Luís 2.
Marcadores: 8-13 e 17-14, descanso 25-27, 9-12 e 16-11, final 50-50, Prórroga: 10-14. (60-64)
O equipo Cadete Masculino, CB Grove Turimares, tivo unha de cal e outra de area, gañou na casa con facilidade o Sta Baia de Boiro por un claro 90-23 con estos parciais:
Marcador: 23-03 e 24-06, descanso 47-9, 21-7 e 22-7. Final 90-23.  Xogaron:
CB GROVE TURIMARES: Pato, Díaz 14, Dani 3, Walli 18, Alvaro 23, Chusino, Alberto 4, Brais 2, Noel, Xabi 24, Carlos e Samu.
Perderon na Illa de Arousa ante o Dorna, último clasificado sen gañar partido, por un axustado 75-69, no pior partido da temporada non encontrando o seu adestrador explicación a tal desastre sendo a única que sairan confiados o ser o último partido da primeira volta e xogar ante un equipo que non había gañado nada.
CB GROVE TURIMARES: Pato, Díaz, Dani, Walli, Alvaro, Chusino, Alberto, Brais, Noel, Xabi e Samu.
Marcadores: 26-23 e 17-14, descanso 43-41, 11-13 e 21-19, final 75-69.
O equipo Cadete Femenino, CB Grove Amalfi, tamén gañou un partido e perdeu o outro no seu desprazamento a Vilagarcía ante o Giraldo, liederes da clasificación,  por un claro 57-26. A victoria veu no último partido da primeira volta xogado no Monte da Vila ante o Marín Peixe Galego por un claro 55-35. As grovensense sempre dominaron o encontro o que motivaba moitos cambios para xogar todas e así manter o nivel de cara os próximos compromisos. Xogaron:
CB GROVE AMALFI: Jenni, Silvia, Mara, Ana, Alba, Sara, Salma, Paula, Julia,Irene, Olgui e González.
Marcadores: 10-6 e 22-6, descanso 32-12, 12-6 e 11-7. Final 55-35.
O equipo Infantil Masculino sigue na tónica dos outros equipos, gañou en Pontecesures por un claro 43-75 onde os grovenses se mostraron moi fortes en defensa para acabar en contraataques cómodos. Xogaron:
CB GROVE TURIMARES: Rodrigo, Alberto 14, Pedrito 4, Xoan 5, Walli 30, Lois 6, Noel 6, Chusino, Brais 10, Simón, Lucas e Iván.
Marcadores: 11-24 e 19-19, descanso 30-43, 6-12 e 7-20. Final 43-75.
A derrota foi ante o Meco, en partido aprazado o non dispor o equipo visitante o seu mellor xogador que estaba de viaxe, por un axustado 47-54 en un gran partido dos nosos xogadores que a pesares da derrota amosaron a súa calidade en todolos momentos, soio o despiste no primeiro cuarto, 6-15 fixo que acadaran un vantaxe que sempre estivo ahí. Foi un equipo contra un xogador,  que si falta él, baixa moito o seu equipo.
O Infantil Femenino, CB Grove Amalfi, perdeu por un punto ante o Giraldo en partido celebrado no Pavillón do Monte da Vila, moi igualado que pudo gañar calquera. As grovenses emplearonse a fondo ante un rival moi fuerte e estiveron a piques da dar a sorpresa de ter un poco de sorte nos tiros que saian de dentro do aro. Xogaron:
CB GROVE AMALFI: Dafne, Uxía, Ana, Salma, Ainhoa, Nerea, Arantxa, Irene, María, Thais, Antía e Olgui.
Marcadores: 8-14 e 9-6, descanso 17-20, 5-8 e 14-9. Final 36-37.
O equipo Alevín segue sen rivais na súa competición o gañar novamente por un claro 52-2, pechando a acta no 4º cuarto ante o Caldas Cortegada. Xogaron:
CB GROVE TURIMARES: Adrián, Alberto, Pedrito, Xoan, Stephanny, Lois, Dafne, Nerea, Lucas, Pablo, Ainhoa e Xulio.
Marcadores: 25-0, 13-2 e 8-0, descanso 41-2, 6-0 e peche acta.
Os Benxamíns do CB Grove perderon ante o Meco por un punto, 62-63,en un partido moi igualado onde o CBG o ter máis xogadores, 10 contra 7, as rotacións xogaron na súa contra, pero o máis importante foi que se veu un partido dos que crea afición e os nosos xogadores van cada día xogando mellor a pesares de ser case todos de nova incorporación. Xogaron:
CB GROVE: Adrián, Nacho, David, Xoel, Xulio, Iván, Lucía, Zaira, Candela e Claudia.
Marcadores: 6-12, 14-6, 14-13, descanso 34-31, 8-11, 6-14 e 14-8. Final 62-63.

Xogar


No hay comentarios:

Publicar un comentario